InicioPolíticaLea en Lugo entre o PSdeG e o PPdeG a conta do...

Lea en Lugo entre o PSdeG e o PPdeG a conta do despoboamento rural

Formoso acusa aos populares de ser os responsables do abandono no rural e o PPdeG dille que dea exemplo cos seus alcaldes en Lugo.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, alertou este domingo do “abandono do rural” por parte da Xunta, parte da crise demográfica.

O lider dos socialistas galegos expresouse así na súa visita á Festa da Malla de Meira, en Lugo, onde sinalou o abandono do rural por parte da Xunta como un dos factores determinantes para que Galicia “sexa a Comunidade autónoma co peor comportamento demográfico”.

Formoso apostou por “facer unha revolución tranquila no mundo rural“, que permita “ilusionar, moralizar e respectar á xente nova que queira vivir no rural”. Reclama así “políticas de reactivación da actividade económica que permita que os pobos pequenos recuperen poboación”.

CRÍTICAS DO PP

Pola súa banda, o PP da provincia de Lugo recomendou ao secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, que “dea instrucións” aos alcaldes socialistas para que “traballen para crear as condicións para asentar poboación no rural”.

Os populares lucenses acusan ao líder socialista de descoñecer a situación –ou mesmo ser “moi ousado”– ao expresarse así precisamente en Meira. “En calquera outro concello sería disparatada tal afirmación, pero no de Meira, moito máis, porque o Goberno municipal non atende debidamente as súas responsabilidades e así causa graves inconvenientes aos seus veciños”, aseguran.

Por último, instan a Formoso a que, “se quere fomentar o asentamento de poboación no rural, ten que empezar por conseguir que os alcaldes do seu partido traten con respecto aos seus cidadáns”.

+ posts

ÚLTIMAS

Lugo terá 50 aloxamentos para menores de 36 anos cun investimento de case seis millóns

O Consello da Xunta autorizou a licitación do contrato de execución das obras para...

Luz verde ambiental con condicións á cidade deportiva do CD Lugo en Outeiro de Rei

A Xunta de Galicia acaba de dar luz verde ambiental con condicións ao Plan...

Un petroglifo único en Europa sae á luz en Lugo: representa o fondo dunha cabana de 40 metros cadrados

Tras os traballos desenvolvidos no Corro dos Mouros entre 2023 e 2025, a cuarta...

Xunta e Concello de Lugo analizan un proxecto mellorar o Campo da Feira de Nadela

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, reuniuse este luns coa alcaldesa de...