InicioPolíticaJosé Manuel Barreiro acusa a Pedro Sánchez de "marxinar" Lugo

José Manuel Barreiro acusa a Pedro Sánchez de “marxinar” Lugo

O portavoz adxunto do PP no Senado asegura que que "as infraestruturas que estaban previstas e orzadas da época de Rajoy están practicamente todas paralizadas".

PUBLICADA O

- Advertisement -

O portavoz adxunto do PP no Senado, José Manuel Barreiro, acusou este martes o presidente do Goberno, Pedro Sánchez, de “ignorar” e “marxinar” á provincia de Lugo. Ao seu xuízo, “desde que Sánchez é presidente do Goberno o trato cara a Lugo está a ser, desde logo, moi preocupante”. “Tennos marxinados na provincia”, protestou.

O tamén senador por esta provincia lamentou que “as infraestruturas que estaban previstas, planificadas e orzadas da época de Rajoy están practicamente todas paralizadas”.

Como exemplo desta “marxinación”, situou o que ocorre “coa autovía da Mariña“, a A-74, o tramo comprendido entre Barreiros e San Cibrao. José Manuel Barreiro puntualizou que se trata dun “viario de comunicación que é fundamental” para A Mariña, “a zona de maior desenvolvemento na nosa provincia”.

O senador popular apóiase nunha resposta por escrito do Goberno na que, ante unha pregunta formulada sobre este viario na que se interesa polos prazos, o Goberno “non contestou nada”. “É decepcionante e preocupante”, aseverou.

CONGRESO PP

Doutra banda, o lucense José Manuel Barreiro, defendeu a celebración dun “congreso extraordinario” do partido en Galicia, onde saia o sucesor de Feijóo para liderar os populares galegos. “Este é un tema que debe de resolverse no ámbito da dirección do partido a nivel galego. A min a opinión que lle escoitei a Alberto Núñez Feijóo paréceme acertada”, manifestou, sobre ese congreso extraordinario.

Neste contexto, o senador lucense antepón que “todos teñen que facer un esforzo para que efectivamente se chegue a ese congreso extraordinario”. “Eu estou seguro que esta situación se vai resolver con responsabilidade, compromiso e acerto. Este é o partido máis importante na nosa comunidade, é o partido que lidera Galicia e o goberno de Galicia”, remarcou.

Sobre a substitución á fronte da Xunta, José Manuel Barreiro incidiu en que “son dous procesos diferentes porque o presidente da Xunta teno que elixir o Parlamento entre os seus membros”. “É dicir, ten que ser un deputado ou deputada do PP no Parlamento de Galicia. Obviamente non hai ningunha dificultade pola ampla maioría do PP con 42 deputados”, concluíu.

+ posts

ÚLTIMAS

Concerto único de Abraham Cupeiro na Igrexa de Santa María de Vilabade

Trátase dun concerto concibido como un formato íntimo xunto a un cuarteto de corda...

A Deputación de Lugo investirá case un millón en estradas e en entidades de Terras do Miño e Os Ancares

O deputado de Promoción Económica e Social da Deputación de Lugo, Pablo Rivera Capón,...

O PP lucense denuncia que o Goberno non teña en conta as alegacións da Xunta á planificación eléctrica

O PP de Lugo reclamou este venres ao Goberno central que "teña en conta"...

Detido por explotar e ter en condicións infrahumanas a un traballador estranxeiro

A Policía Nacional da Comisaría de Lugo detivo a un home como suposto autor...