InicioSociedadeO alcalde de Castroverde competirá con José Tomé por liderar o PSOE...

O alcalde de Castroverde competirá con José Tomé por liderar o PSOE provincial de Lugo

A actual secretaria provincial, Patricia Otero, descarta presentarse ao proceso no que se prevé que compita José Tomé.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O alcalde de Castroverde, Xosé María Arias, volverá aspirar por terceira vez a facerse coa Secretaría Xeral do PSOE provincial de Lugo, un proceso interno no que se agarda que tamén se presente o presidente da Deputación e alcalde de Monforte, José Tomé.

O rexedor de Castroverde trasladou a súa intención a varios alcaldes e portavoces do PSOE na provincia na tarde deste mércores, xornada na que, precisamente, o PSOE provincial celebrou unha executiva para convocar o comité provincial que marcará o calendario deste proceso interno.

Xosé María Arias explicou que volverá dar o paso, que fará oficial cando arrinque o proceso interno e nos prazos oportunos, co convencemento de que o partido debe “ter vida orgánica” separada das institucións.

Ademais da candidatura do rexedor de Castroverde, fontes socialistas dan por feito que concorrerá ao proceso o alcalde de Monforte e presidente da Deputación de Lugo, José Tomé. Con todo, preguntado respecto diso, rexeitou pronunciase sobre este asunto ata o momento no que se abran os prazos.

Pola súa banda, a actual secretaria xeral do PSOE provincial de Lugo, Patricia Otero, confirmou que non competirá neste proceso interno e lembra que ela accedeu a liderar a formación co obxectivo de “darlle unha estabilidade” tras “momentos complicados” pero sen afán de “manterse no tempo no cargo”. Ademais, puxo en valor o traballo feito durante a súa etapa como secretaria.

+ posts

ÚLTIMAS

A edil non adscrita, María Reigosa, permite aprobar os orzamentos de Lugo co seu voto

O goberno local de Lugo logrou sacar adiante de forma definitiva os orzamentos para...

O PSdeG acusa á Xunta de “falta de planificación” ante a “deterioración” da Atención Pirmaria en Lugo

O PSdeG advertiu este xoves do progresivo empeoramento da atención primaria na provincia de...

O xulgado anula unha ordenanza do Concello de Outeiro de Rei que vulneraba o dereito do BNG a defender as súas emendas

A maxistrada da praza 1 da Sección do Contencioso-Administrativo do Tribunal de Instancia de...

O Plan Deputación prevé 300 actuacións e máis de 270 novos empregos nos 67 concellos

O goberno provincial de Lugo levará ao pleno ordinario do mes de marzo o...