InicioSociedadeMartínez Almeida comezará este mércores o Camiño Primitivo desde Baleira

Martínez Almeida comezará este mércores o Camiño Primitivo desde Baleira

O alcalde de Madrid cumpre co prometido no 17º Congreso do PP galego organizado en xullo.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O portavoz do Partido Popular e alcalde de Madrid, José Luís Martínez Almeida, chegou este martes a Galicia para cumprir coa súa promesa de volver facer o Camiño de Santiago. Este mércores iniciará a súa particular ruta xacobea polo Camiño Primitivo tomando saída ao redor das 08,00 horas no Cádavo na Praza do Concello do municipio lucense de Baleira.

Martínez Almeida ten previsto completar os algo máis de 30 quilómetros deste primeiro traxecto e chegar á cidade de Lugo a última hora da mañá. Posteriormente, o xoves percorrerá os case 20 quilómetros que separan a Lugo de San Romao da Retorta, no Concello de Guntín.

O alcalde madrileño enlazará na terceira etapa (destino Melide) xa co tramo do Camiño Francés. A continuación, o sábado ten a intención de realizar a etapa máis longa desta ruta de cinco días: 33,3 quilómetros entre Melide e a localidade de O Pedrouzo, no Pino.

A súa chegada á Praza do Obradoiro está prevista para o domingo, cando percorrerá os últimos 20 quilómetros que separan O Pino da meta das rutas xacobeas.

Con este feito, Martínez Almeida cumpre co prometido no 17º Congreso do PP galego organizado en xullo. Naquel encontro, o presidente do PP de Pontevedra e vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, convidara ao portavoz do seu partido a volver facer a ruta xacobea.

Unha luva que recolleu o responsable do Executivo madrileño, que deu a súa palabra de realizar o Camiño na última semana de agosto.

+ posts

ÚLTIMAS

Vicepresidencia da Deputación

A Vicepresidencia da Deputación pon en marcha a segunda edición da Semana do Patrimonio...

A Deputación pide un pacto contra o transfuguismo blindado por lei

O Pleno da Deputación de Lugo celebrado este martes sacou adiante unha iniciativa para...

Un total de dez ofertas presentáronse para construír as 152 novas vivendas públicas en Garabolos licitadas por 26,5 millóns

A Xunta de Galicia recibiu un total de 10 ofertas para construír 152 novas...

O PP pide no Senado aumentar o investimento eléctrico en Lugo tras quedar Altri sen conexión

O PP empregou a súa maioría absoluta no Senado para aprobar este martes na...