InicioPolíticaO Concello de Lugo traslada un balance positivo dos últimos dous anos...

O Concello de Lugo traslada un balance positivo dos últimos dous anos que para o PP “foron perdidos”

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, lembrou que se dedicaron 20 millóns de euros a "políticas activas de emprego, políticas de protección social, de escudo social e de contención da pandemia".

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Goberno local aproveitou o ecuador da lexislatura municipal, que se cumpre este martes, para realizar unha valoración “positiva” da acción dos últimos dous anos, un período que o PP cualifica de “perdidos” para a cidade de Lugo.

A alcaldesa, Lara Méndez, valorou o traballo do Goberno local que se tivo que “reinventar” e “cambiar a folla de ruta” debido á incidencia da crise sanitaria.

Así, lembrou que se dedicaron 20 millóns de euros a “políticas activas de emprego, políticas de protección social, de escudo social e de contención da pandemia”.

É por iso que lamentou as críticas do PP que “parece que se esquece do que pasou neste ano e medio”, con Lugo, Galicia e todo o Estado inmersos en “unha situación excepcional”.

“Si esa énfase que pon en criticar a Lara Méndez e ao seu goberno puxéseno en solicitar á Xunta que nos de aos concellos unha parte que recibe do Estado estariamos noutro momento e teriamos máis actuacións”, subliñou.

Méndez calculou o importe en “máis de mil millóns de euros en distintas vías” das que os municipios non percibiron “nin un só euro”, á vez que lles meten “deberes pola porta de atrás” como as sancións en materia de control das restricións ou a protección social.

Pola súa banda, o tenente alcalde, Rubén Arroxo, defendeu que “se están facendo todos os proxectos” comprometidos durante a campaña e “o programa que se lle presentou aos veciños e veciñas” da cidade.

“Agora vemos os grandes proxectos como a peonalización da Mosquera que está en marcha, a renovación do transporte público que é algo que tamén se demandou durante anos ou o arranxo e mantemento da rede viaria”, destacou.

DOUS MODELOS

O PP, con todo, pediu que se encare estes dous anos que restan de lexislatura “cun proxecto de cidade e non dous modelos de cidade distintos”.

“Deixen de lado o sectarismo, busquen o consenso para ter ese modelo de cidade que os lucenses merecen e non buscar o enfrontamento e gobernar só para os seus afíns”.

Entre outros “agravios”, denunciou que o PSOE e o BNG “lograron facer o goberno máis caro da historia da cidade”, con “catro millóns de euros en soldos” ou nos seus asesores.

“E si iso non foi suficiente no último ano cando ningunha administración subiu o soldo aos cargos públicos o goberno municipal subiu o dous por cento o soldo dos cargos políticos e ademais orzan 103 mil euros para comprar coches de alta gama”.

+ posts

ÚLTIMAS

A Festa do Queixo de San Simón chega á súa XXX edición

Ao longo da fin de semana haberá moita oferta musical, contando coa animación das...

“Desde o rural e a identidade constrúese provincia”, di a presidenta da Deputación de Lugo

A presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, destacou Pedrafita do Cebreiro como exemplo...

Piden cinco anos de prisión para un home que agrediu cun vaso a dúas persoas no exterior dun pub de Lugo

A Audiencia Provincial de Lugo xulgará o vindeiro martes, día 7, a un home...

A Deputación de Lugo responde ao PP sobre a incorporación dun funcionario de administración local

  A Deputación Provincial de Lugo, ante as declaracións realizadas polo Grupo Provincial do Partido...