InicioPolíticaTomé chámalles "antidemocráticos" aos deputados do PP que abandonaron o pleno

Tomé chámalles “antidemocráticos” aos deputados do PP que abandonaron o pleno

Os populares levantáronse dos seus asentos logo de que PSdeG e BNG rexeitasen "reprobar" os comentarios machistas do presidente sobre a vestimenta de Elena Candia.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, cualificou de “antidemocráticos” os doce deputados do PP que o pasado martes abandonaron o pleno da corporación provincial tras saír rexeitada unha iniciativa que pedía a reprobación de Tomé polas súas palabras cara á deputada autonómica e líder dos populares de Lugo, Elena Candia.

“Equivocáronse abandonando unha institución. O respecto ten que empezar por un mesmo e se non respectan a institución provincial, tampouco están lexitimados para pedir outras cousas para eles”, aseverou este xoves o tamén alcalde monfortino.

O pasado martes, os deputados do Grupo Popular na Deputación de Lugo abandonar o pleno despois de que o PSOE e o BNG rexeitasen cos seus votos unha moción que expuña a reprobación e condena institucional polas declaracións nas que Tomé comentou a forma de vestir de Candia tras unha protesta convocada polo PP ante o goberno provincial.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

+ posts

ÚLTIMAS

Comezan as obras na estrada provincial que une Castro de Rei con Rábade

A Deputación de Lugo iniciou as obras de mellora da estrada que une Castro...

As cámaras da M-30 amosan aos acusados da morte do médico lucense “coma se fosen coches de Fórmula 1”

As imaxes das cámaras de seguridade da M-30 gravadas a mañá do 25 de...

A alcaldesa de Vilalba denuncia a falta de avances en solucións para a estación de autobuses

O Concello de Vilalba volve reclamar unha solución efectiva e inmediata para a estación...

O PP recorre o arquivo das actuacións contra a alcaldesa de Guitiriz

O PP de Guitiriz recorre o arquivo das actuacións contra a alcaldesa ao consideralo...