InicioPolíticaMáis de tres anos de espera para cobrar unha indemnización de 192...

Máis de tres anos de espera para cobrar unha indemnización de 192 euros en Lugo

O PP denuncia a "parálise" do goberno local e a demora en resolver as reclamacións por responsabilidade patrimonial.

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE | O grupo municipal do Partido Popular denunciou que o goberno local de Lugo tarda “dous anos e medio de media” en resolver as reclamacións por responsabilidade patrimonial que xa foron previamente informadas e que “por lei teñen que resolverse nun prazo de seis meses”.

O PP puxo como exemplos os casos dun condutor que tardou 1.203 días en ver como o goberno local autorizaba o pago de 191,54 euros polos danos sufridos no seu vehículo por mor dun sumidoiro sen tapa na Rúa Serra de Ancares ou o dunha lucense que esperou 697 días para que se autorizase unha indemnización de 431 euros pola súa caída nun paso de peóns.

O portavoz do grupo municipal do PP, Ramón Carballo, afirma que semellante “demora” á hora de “resolver esas reclamacións” non ten explicación, tendo en conta que son “aparentemente sinxelas de comprobar”, porque son “casos nos que hai informes ou peritaxes que certifican as reclamacións presentadas”.

Para os populares esta situación é unha mostra máis da “parálise” provocada polo goberno local na cidade de Lugo, debido ao “desmantelamento dos diferentes servizos municipais por parte dos gobernos socialistas nos últimos anos” “Nin para os trámites máis sinxelos teñen a mínima dilixencia”, lamentou Carballo.

ÚLTIMAS

Altri en Palas de Rei: Pas Viva opónselle por riscos ambientais e sociais

As colectivo Pas Viva da Plataforma Ulloa Viva celebrou un acto para mostrar o...

Excarcerados pai e fillo en Palas de Rei tras envorcar o vehículo no que viaxaban

Un pai e o seu fillo, menor de idade, foron excarcerados en Palas de...

Detido un refuxiado en Becerreá por presuntas agresións sexuais a dúas traballadoras dunha ONG

A Garda Civil detivo a un home, unha das persoas migrantes que acolle a localidade...

“Vas morrer hoxe”: xulgado por ameazar e agredir ao seu xefe

Un home acusado de varios delitos por atacar ao seu empregador cun coitelo e...