InicioPolíticaTomé critica a Consellería de Sanidade por "desviar responsabilidades" sobre os contaxios...

Tomé critica a Consellería de Sanidade por “desviar responsabilidades” sobre os contaxios de Lugo

O presidente da Deputación amosouse moi duro con Julio García Comesaña e criticou a falta de transparencia nos datos por concellos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, amosouse moi duro co conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, despois de que suxerise que en Lugo aumentaron os contaxios da Covid-19 porque non se seguen as normas. “Penso que resulta evidente que se alguén merece un tirón de orellas é o conselleiro por desviar responsabilidades, pola manipulación datos e por tratar de xeito distinto ao concellos segundo quen goberne”.

Tomé, que tamén é alcalde de Monforte, volveu insistir en que hai unha “discriminación clara”: “en listados de afectados en proxección de 100.000 habitantes hai municipios do PP que tendo datos superiores a outros non se pechan. Utilízanse criterios clínicos de expertos manipulándoos en beneficio propio”, argumentou.

PIDE TRANSPARENCIA

Deste xeito, pediu que se concreten as PCR realizadas por municipios e a porcentaxe de negativos e de positivos. “Non se é trasparente; danse datos atrasados e que non son completos. Non son tan relevantes os contaxios que se confirman como as probas que se fan e cantas delas dan resultado de Covid-19. Os cidadáns non se merecen isto. Os alcaldes, polo menos os socialistas, non saben cal é a situación concreta do seu concello, e para que estean informados só fai falta vontade política”.

ÚLTIMAS

O campo galego pulsa o centro de Lugo e chama á folga cidadá este martes

Gandeiros e agricultores de Agromuralla e Gandeiros Galegos da Suprema iniciaron este luns a...

Xuízo en Lugo polo intento de secuestro dunha menor de 14 anos en Vilalba

A Audiencia Provincial de Lugo celebrará o vindeiro martes, a partir das 10.00 horas,...

Os gandeiros realizan unha nova marcha a pé con vaca incluída en Lugo e solicitan reunións con eurodeputados

Os gandeiros e agricultores da provincia de Lugo, dirixidos por Agromuralla e Gandeiros Galegos...

A Deputación de Lugo recupera a normalidade coa primeira xunta de Goberno presidida por Carmela López

A Deputación de Lugo recuperou a normalidade, tras a elección de Carmela López o...