InicioPolíticaFeijóo e Serrano repasan os principais proxectos no concello de Portomarín

Feijóo e Serrano repasan os principais proxectos no concello de Portomarín

O presidente da Xunta e o rexedor local mantiveron unha xuntanza na que destacaron a colaboración de ambas administracións no eido económico e sociosanitario, entre outros.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, avaliou co alcalde de Portomarín, Juan Carlos Serrano, os avances nos proxectos prioritarios para este concello lucense tanto no ámbito sociosanitario, como en materia de infraestruturas viarias e de abastecemento.

Diso informou este martes a Xunta nun comunicado, no que explica que Feijóo destacou a colaboración entre ambas as administracións, reflectida na entrega de material para a loita contra a covid por parte da Administración autonómica; así como no incremento en 500 horas do Servizo de Axuda no Fogar extraordinario. No ámbito económico salientou o apoio a catro empresas locais para axudar a reactivar as súas actividades.

No referido a as cuestións sociosanitarias, o titular da Xunta lembrou que, desde o ano pasado, os veciños contan co centro de saúde reformado. Ademais, sinalou que se puxo en marcha a Casa do Maior e que, a través da iniciativa ‘Autobús coidados porta a porta’, achéganse ao municipio servizos asistenciais de primeira necesidade, como a revisión e gradación da vista e servizos de podoloxía.

En materia de infraestruturas e mobilidade, a Xunta puxo en valor a finalización neste 2020, entre outras actuacións, do novo trazado camiño Francés-Ponche Portomarín, da rehabilitación da beirarrúa e varanda de protección na estrada LU-633 Pedrafita-Alto Hospital; así como do reforzo do firme das estradas autonómicas.

Sobra as infraestruturas hidráulicas, o responsable do Goberno galego lembrou que a redacción do proxecto para resolver os problemas de saneamento da EDAR de Portomarín xa está finalizada e está á espera dos informes sectoriais.

Por último, e no ámbito cultural, a Administración autonómica citou as obras de reparación e conservación da igrexa de San Xoan, que finalizarán este mes de decembro.

ÚLTIMAS

Atraco a punta de pistola na Caixa Rural de Cervantes

Un home armado cunha pistola atracou á primeira hora deste venres a sucursal do...

Detido un home en Lugo por presunta agresión á súa nai

A Policía de Lugo detivo este xoves a un home, residente da rúa Tino...

A causa contra o loteiro de Lugo investigado por falsear un atraco, sen caso

A Fiscalía pediu o sobresemento provisional da causa aberta ao loteiro de Lugo acusado de simular...

Avogados piden unha xustiza máis próxima para as mulleres vítimas de violencia de xénero

Máis de 150 profesionais do ámbito xurídico e da igualdade déronse cita en Lugo...