Home Lugo e contorna Podemos queda sen sede local en Lugo e o secretario xeral anuncia o abandono do seu posto

Podemos queda sen sede local en Lugo e o secretario xeral anuncia o abandono do seu posto

0
Podemos queda sen sede local en Lugo e o secretario xeral anuncia o abandono do seu posto
José Manuel Pérez Afonso, Josito, voceiro de Podemos Lugo | Podemos Galicia

O secretario de Podemos na cidade de Lugo, José Pérez Afonso, anunciou que deixará o liderado da formación política, e criticou que se efectivice o peche da sede do partido no municipio, situada na Rúa Río Neira.

Pérez Afonso xa tomara, semanas atrás, a decisión de deixar a executiva galega por “responsabilidade” tras os resultados electorais nas autonómicas, e agora cre que “hai que dar paso a nova xente”.

“Eu seguirei apoiando desde a militancia, pero non vou seguir na secretaria xeral”, abundou. No entanto, despídese entre reproches, como que se perda a súa sede actual no municipio .

“É unha pena nestes momentos en que se necesita apoio por parte do noso partido que se nos quite a sede”, afeou, para lembrar que o Círculo de Lugo “foi un que desde o principio sempre cumpriu cos protocolos escrupulosamente”.

“En Lugo sempre se traballou dunha forma encomiable e sempre se fixeron as cousas como había que facelas. É unha pena, porque a xente que está a traballar aquí despois de deixar a pel de forma voluntaria, é unha pena que toda esta xente se teña que reunir en bares e garaxes”.

No seu día, a cidade de Lugo chegou a contar con máis de “900 inscritos”, un número que, asegura, se viu reducido, sobre todo despois de que Podemos se convertese nun partido ao uso con “militantes”.

+ posts