InicioPolíticaMarea Galeguista presenta en Lugo unha lista "de persoas para falar con...

Marea Galeguista presenta en Lugo unha lista “de persoas para falar con persoas”

Pancho Casal tacha a Feijóo de "neoliberal de libro" que carece de política industrial, aos seus ollos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Marea Galeguista presentou este luns en Lugo a súa lista ás próximas eleccións autonómicas do día 12 de xullo, acto no que os membros da lista pola provincia lucense estiveron arroupados polo candidato á Xunta de Galicia, Pancho Casal.

Para Casal a candidatura é “de persoas para falar con persoas” e que, ademais, conta “cunha representación moi plural da sociedade”, segundo indicou. O candidato por Marea Galeguista dixo en Lugo que a día deste luns existen “tres alternativas para o 12 de xullo”. A primeira “sería un desastre para Galicia” xa que sería un goberno con maioría absoluta para o partido popular; a segunda, votar polo “triunvirato”; e a terceira, apostar “por unha marea galeguista” para “reconstruír o país”, apostilou.

O líder de Marea Galeguista destacou que para o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, a mellor política industrial “é a que non existe”. Casal dixo que “hai que pór o diñeiro onde se necesita” despois de tachar ao presidente e candidato á Xunta de Galicia dun “neoliberal de libro”.

A número dous da lista por Lugo, Carmen Núñez, destacou que a Marea quere uns servizos públicos e sociais de “calidade”. A formación avoga por “unhas políticas máis xuntas e integradoras” para segundo Núñez, facer “un Lugo mellor”. Pola súa banda, Iván Rodríguez, número uno da candidatura por Lugo dixo que o obxectivo é “crear unha Galicia nova” e “mellor”.

ÚLTIMAS

Caída de temperaturas con posibles nevadas na montaña de Lugo a partir deste mércores

A Axencia Estatal de Meteorología (AEMET) emitiu un aviso especial por nevadas por baixo...

Detido tras roubarlle o bolso con 200 euros a unha anciá, que tivo que ser atendida no hospital

A Policía Nacional informou da detención en Lugo dun home como autor dun roubo...

Detido por estafas na rede utilizando a identidade de achegados e empregados

A Policía Nacional ha detido en Lugo a un home como suposto autor dun...

Detido en Lugo un home tras un roubo con violencia

A Policía Nacional informou da detención en Lugo dun home, veciño da cidade, como...