InicioPolíticaO PP de Lugo pide o apoio da alcaldesa para que Sánchez...

O PP de Lugo pide o apoio da alcaldesa para que Sánchez “pague a débeda” a Galicia

Do contrario, din, "sería cómplice" dese "agravio" que mantén o Goberno cos galegos e lucenses.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O portavoz do Grupo Municipal do PP de Lugo, Ramón Carballo, avanzou que os populares defenderán no pleno unha moción de urxencia dirixida a que o goberno municipal, coa alcaldesa socialista Lara Méndez á fronte, mostre o seu “apoio” á Xunta na reclamación ao Executivo que dirixe Pedro Sánchez dos 200 millóns do IVE.

“Pediremos o apoio da alcaldesa para que Sánchez pague a débeda con Galicia xa que, pola contra, sería cómplice no seu agravio cos lucenses”, sinalan os populares lucenses nun comunicado.

Carballo defendeu que é preciso declarar o apoio do Concello de Lugo á reivindicación da Xunta ante o Goberno de España para que ingrese as contías do IVE non liquidadas correspondentes ao exercicio 2017.

En canto á urxencia, o dirixente popular xustifícaa polas “inadmisibles” declaracións realizadas pola ministra de Facenda, María Jesús Montero, nas que aseguraba que “esa era unha cuestión que tocaba en 2019” e que “xa se perdeu a oportunidade de poder resarcir a débeda con Galicia”.

Nesta conxuntura, espera “unha fronte común” dos grupos da corporación lucense, xa que o impacto desta decisión do Goberno central “afecta directamente ao financiamento autonómico e pode supor unha perda de recursos para os veciños” do municipio.

ÚLTIMAS

Traxedia na A-8 en Guitiriz: un operario morto tras ser atropelado durante unhas obras

Un operario faleceu e outros dous resultaron feridos graves por mor dun atropelo rexistrado...

Detido un empresario de transportes en Lugo por explotar a un traballador ao que prometeu papeis e contrato

Axentes da Policía Nacional de Lugo detiveron na cidade a un empresario de transportes...

Lugo redistribúe en Frigsa a un cento de nadadores do Fluvial tras as inundacións pola crecida do Miño

O Concello de Lugo redistribuíu a máis de cen nadadores do club Fluvial á...

Sanidade presenta en Lugo a Estratexia do Laboratorio de Saúde Pública de Galicia 2026-2030 para reforzar a súa proxección estatal

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, presentou este venres en Lugo a nova...