InicioPolíticaO PP de Lugo pide "acordar" unha declaración institucional en apoio aos...

O PP de Lugo pide “acordar” unha declaración institucional en apoio aos empregados de Muebles Hermida

PUBLICADA O

- Advertisement -

A portavoz do PP na Deputación de Lugo, Elena Candia, solicitou unha reunión co resto de grupos políticos e o presidente provincial, o socialista José Tomé, para “acordar unha declaración institucional en apoio” aos empregados de Muebles Hermida, que solicitou este mes a súa entrada en concurso de acredores.

Neste texto, explica a tamén líder dos populares na provincia en declaracións a Europa Press, pídese “a implicación das administracións” e “a axilidade” do Fondo de Garantía Salarial (Fogasa) para que abone as cantidades que a empresa “lle debe aos traballadores”.

“Sempre con ese compromiso, co mantemento do emprego, e sempre con esa coherencia de afastar do debate político o que entendemos que é neste momento una das principais preocupacións que temos na provincia de Lugo”, manifesta.

E é que, de acordo coas súas palabras, tanto a administración como os políticos teñen “a obrigación de traballar, arrimar o ombreiro e achegar solucións”.

ÚLTIMAS

CCOO denuncia a situación da xestión do persoal no Concello de Lugo con cartas a Sánchez, Díaz e Pontón

A Sección Sindical de CCOO no Concello de Lugo presentou este mércores na Subdelegación...

Lugo adxudica o proxecto da pasarela do Carril das Flores

A Xunta de Goberno Local do Concello de Lugo adxudicou este mércores o proxecto...

Investigan a morte da muller arremetida por unha vaca no San Froilán

O falecemento dunha muller tras ser arroiada por unha vaca durante o desfile de...

Lugo recibirá 15 menores migrantes da cota distribuída polo Goberno

A cidade de Lugo acollerá a un grupo de 15 menores migrantes da cota...