InicioPolíticaO BNG denuncia o "estado de abandono" da rede ferroviaria de Lugo...

O BNG denuncia o “estado de abandono” da rede ferroviaria de Lugo cunha viaxe “simbólica” en tren

O BNG denunciou o "estado de abandono" no que se atopa a rede ferroviaria da provincia de Lugo cunha viaxe "simbólica" entre a capital e Sarria.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O BNG denunciou o “estado de abandono” no que se atopa a rede ferroviaria da provincia de Lugo cunha viaxe “simbólica” entre a capital e Sarria.

Nel participaron a cabeza de lista ao Congreso pola provincia, Olalla Rodil, acompañada por outros membros da candidatura e o tenente de alcaldesa de Lugo, Rubén Arroxo. “Unha vez máis, coincidindo coa campaña electoral, chegan os anuncios de licitacións que despois non chegan a materializarse. As forzas estatais  seguen con promesas mentres esta parte de Galicia segue, en novembro de 2019, coa mesma liña de tren de 1883″, manifestou Rodil.

Así, reclamou unha liña ferroviaria para Lugo “ben xestionada, con horarios que respondan as necesidades dos veciños e que faciliten a chegada ás grandes cidades e os transbordos con servizos de longa distancia”.

+ posts

ÚLTIMAS

Un garda civil fóra de servizo reduce un home armado nun bar de Lugo

Un garda civil destinado na Comandancia de Lugo, que se atopaba fóra de servizo,...

O PP esixe ao Goberno actuacións na N-640 no termo da Pastoriza pola súa “deterioración”

O PP de Lugo esixiu ao Goberno central que "actúe" na N-640 ao seu...

O Concello de Lugo aprobará o convenio coa Xunta para a mellora da Rúa Serra de Meira

O goberno municipal de Lugo aprobará este mércores na Xunta de Goberno Local o...

O PP pide un plan urxente de melloras no polígono industrial do Ceao-As Gándaras

Os populares denuncian que existen problemas graves de conservación e abandono nesta área industrial,...