InicioTerra CháA PastorizaAlcaldes do PP e PSOE da Terra Chá únense contra os proxectos...

Alcaldes do PP e PSOE da Terra Chá únense contra os proxectos mineiros de Erimsa na comarca

Os rexedores mantiveron un encontro con representantes da Comisión contra as Minas da Terra Chá.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os alcaldes de Abandín, A Pastoriza, Castro de Rei e Cospeito uníronse este venres para expresar a súa oposición aos proxectos mineiros da empresa norueguesa Erimsa na comarca da Terra Chá.

Os rexedores mantiveron un encontro con representantes da Comisión contra as Minas da Terra Chá, integrada por unha vintena de colectivos sociais, sindicais e veciñais da comarca.

Na reunión, os participantes pactaron un comunicado no que expresan a súa preocupación polos “posibles impactos e consecuencias negativas que implicaría” para a comarca os proxectos extractivos de Erimsa na zona.

As entidades asinantes remarcan que non existe “ningún prexuízo nin animosidade” contra esta empresa, senón que os motivos da oposición a estes proxectos radican na “responsabilidade” de defender “os valores” e o “medio de vida” da comarca.

“Os chairegos somos ser xente pacífica e solidaria. Pero tamén somos xentes que defendemos o noso patrimonio, cun arraigado espírito emprendedor, caracterizado no noso ánimo de acollida a toda iniciativa emprendedora que supoña progreso para a nosa comarca a condición de que sexa respectuosa cos valores da nosa contorna e o noso medio de vida”, sinala o comunicado.

Deste xeito, subliñan que “o medio de vida tradicional” na comarca caracterizouse por “un importante” desenvolvemento agrogandeiro apostando por “modernas” instalacións e infraestruturas financiadas con diñeiro público e privado que lograron alcanzar “altos índices de actividade”, o que provocou o “asentamento” de industrias lácteas, fábricas de pensos e iniciativas empresariais múltiples.

“GRAVE AFECCIÓN” ÁS EXPLOTACIÓNS

Así as cousas, inciden en que a oposición á actividade extractiva na Terra Chá “non é un capricho” senón un exercicio de “responsabilidade”, pois temen que estes proxectos poidan pór en risco “un maior acceso a base territorial das explotacións”, provocar a “degradación” dos chans e a redución dos terreos dedicados ao pasto.

“A reposición do chan orixinal, de producirse a explotación mineira, é de difícil viabilidade porque o volume que se devolve ao oco mineiro é inferior ao que existía orixinalmente, cunha diminución do nivel do chan orixinal”, resalta a plataforma contra as minas.

“Entendemos que é noso deber para que unha comarca como a nosa arrisque con converterse nunha zona deprimida por culpa dun uso non racional e útil socialmente dos nosos recursos naturais, favorecendo o despoboamento rural e o empeoramento da calidade de vida das xentes que viven e traballan nesta comarca”, advirten.

+ posts

ÚLTIMAS

O PP de Lugo esixe á Deputación a integración dos 16 traballadores de Suplusa tras a sentenza do Supremo

O PP provincial de Lugo esixe á Deputación que "rectifique" e integre aos 16...

O BNG de Lugo inicia o proceso para elixir a súa candidatura ás municipais de 2027

O BNG de Lugo arrinca este luns o seu procedemento interno para designar a...

Castro Carballedo non falta á súa cita coa carne ao caldeiro

A Feira da Carne ao Caldeiro e Produtos Locais chega este ano á súa XXIII edición...