InicioPolíticaO PP ataca ao goberno bipartito en Lugo: "é o menos transparente...

O PP ataca ao goberno bipartito en Lugo: “é o menos transparente de Galicia”

PUBLICADA O

- Advertisement -

O grupo municipal do Partido Popular denunciou que Lugo é a capital galega “con peor cualificación” en termos de transparencia e, ademais, engadiu que se sitúa no posto 37 das 50 capitais de provincia no que se refire ao cumprimento dos indicadores de plataformas internacionais.

En concreto, a edil Sagrario Sánchez, cita os datos da plataforma Dyntra correspondentes aos últimos meses de 2019, que pon de manifesto que a cidade de Lugo incumpre 81 dos 162 indicadores que determinan o nivel de transparencia na xestión municipal.

Os indicadores fan referencia especialmente a aqueles elementos relativos á organización e a planificación, ao urbanismo ou ao compromiso coa cidadanía, o que pon de manifesto, segundo os populares, “a necesidade de que o bigoberno se centre e traballe con intensidade para sacar a Lugo dos últimos postos dos informes de transparencia”.

Nese sentido, os populares pídenlle á bipartito “vontade política e avances” nesa materia, para que os cidadáns “poidan confiar na administración local” e para conseguir que a participación e a fiscalización sexa “real”.

En concreto, o PP pediu un impulso á ordenanza municipal de transparencia e a creación dun Comité de Participación Cidadá e de Calidade de Servizos, no que se convidará a representantes veciñais para fiscalizar os acordos e compromisos alcanzados polo goberno local.

ÚLTIMAS

Arden dous edificios no centro de Rábade

Un incendio calcinou dous edificios de dúas plantas no centro do municipio de Rábade...

Denunciado en Lugo un condutor baixo os efectos do alcol, que se saíu da vía e chocou contra un sinal

Axentes da Policía Local de Lugo denunciaron a un condutor que deu positivo no...

ADEGA e Mariña Patrimonio denuncian danos en dúas mámoas do Camiño Primitivo na Fonsagrada

A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) e Mariña Patrimonio veñen de...

A Deputación reclama á Xunta investimentos para atender persoas maiores na provincia

O Pleno da Deputación de Lugo reclamou á Xunta un plan de investimentos específico...