InicioLugo e contornaEva Solla denuncia a "desprotección" que sufriu o bebé de dous meses...

Eva Solla denuncia a “desprotección” que sufriu o bebé de dous meses en Lugo

A deputada por En Marea no Parlamento de Galicia apuntou a que "non foron empregadas todas as vías de comunicación necesarias" para garantir a atención adecuada ante a "vulnerabilidade do menor".

PUBLICADA O

- Advertisement -

A coordinadora nacional de Esquera Unida, Eva Solla, denunciou a “situación de desprotección” na que se atopaba o menor de dous meses en Lugo, que foi ingresado de urxencia por signos de malos tratos, e presentará unha batería de preguntas neste órgano para cuestionar á administración.

En concreto, a formación manifestou este venres nun comunicado que a “protección” da infancia polos diferentes poderes públicos é unha “obrigación de especial importancia” para “garantir o bo desenvolvemento vital” dos menores.

Por este motivo, Solla explicou que este caso “é dunha gravidade extrema” e mostra “a existencia de deficiencias na comunicación entre as administracións”. Ao seu xuízo, a “descoordinación” neste tipo de cuestións pon en “perigo” a vida das persoas, polo que “é necesaria a revisión de protocolos para evitar” que se repitan estas situacións.

A deputada por En Marea no Parlamento de Galicia apuntou a que “non foron empregadas todas as vías de comunicación necesarias” para garantir a atención adecuada ante a “vulnerabilidade do menor”. Por todo o anterior, Solla levará unha batería de preguntas para coñecer o contido e funcionamento dos protocolos existentes entre administracións.

+ posts

ÚLTIMAS

‘Sirat’ gaña o Mestre Mateo a Mellor Película

'Sirat' alzouse co premio a Mellor Película nos XXIV Premios Mestre Mateo e arrebatoullo...

Gala dos Mestre Mateo: a forza do talento galego reúnese en Lugo

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, asistiu este sábado á gala dos...

A Deputación participa na xornada de conmemoración do Día Mundial da Síndrome de Down

O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera, e o Deputado de Participación...

Localizado en Bóveda o ancián desaparecido da residencia DomusVi de Monforte

O octoxenario que faltaba da residencia DomusVi de Monforte desde a noite do pasado...