InicioPolíticaElena Candia (PP) sobre o discurso de Tomé: "Aproveitou para criticar o...

Elena Candia (PP) sobre o discurso de Tomé: “Aproveitou para criticar o compañeiro saínte”

Considera que o novo presidente está nunha posición "débil" ao non ser o representante do partido máis votado.

PUBLICADA O

- Advertisement -

“Máis que ilusionarnos cun proxecto, o presidente da Deputación aproveitou o discurso para criticar o compañeiro saínte”. Así o cre a deputada do PP, Elena Candia, logo da sesión na que se investiu a José Tomé como novo presidente do ente provincial.

O discurso que deu José Tomé logo de ser nomeado presidente estivo marcado por un intento por afastar vellas polémicas entre as catro paredes de San Marcos. José Tomé avogou por “devolver a tranquilidade e normalidade” á institución.

A popular critica que este novo goberno bipartito estivera pendente do reparto de asentos a un día da constitución da corporación. Mentres tanto, “pouco coñecemos das prioridades que estableceron”, di, e engade que “parece que o único que pretenden é ter unha arma política contra a Xunta. Ademais, cre que o apoio que lle brindou o BNG para chegar á presidencia acabará por custar caro.

Á súa vez, Elena Candia lamenta que “PSOE e BNG rexeitaran escoitar o proxecto que lles presentaba o PP, o partido máis votado”. Aínda así, asegura que dende o seu grupo provincial traballarán “dende a responsabilidade e a coherencia” para mellorar Lugo

TOMÉ, PRESIDENTE “DÉBIL”

Ao tempo, Candia destacou que o organismo provincial estará presidido polo representante dun partido que “obtivo o peor resultado dende o 2007 e, polo tanto, que conta menos respaldo das urnas“. Cre que iso o deixa nunha posición “débil”, reforzada ademais polas duras declaracións que se coñeceron onte con respecto á xestora do PSdG por parte de membros do partido.

Refírese ás palabras do candidato á secretaría xeral da provincia, Xosé María Arias, que arremeteu contra José Antonio Quiroga por “comprar” apoios para Patricia Otero, a outra aspirante a liderar o PSOE en Lugo

ÚLTIMAS

O Family Cash pechado ao detectarse unha praga de ratos continuará pechado por orde xudicial

A maxistrada do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Lugo rexeitou este venres a solicitude...

Reabre o supermercado pechado temporalmente por presenza de ratos

O supermercado Family Cash situado no centro comercial de Abella, en Lugo, clausurado temporalmente...

Seguen hospitalizados 3 dos 6 intoxicados con deterxente nunha pulpería de Lugo durante o San Froilán

Tres das seis persoas que tiveron que ser ingresadas a pasada fin de semana...

Dous detidos por furto de móbiles durante as festas do San Froilán

Investigacións levadas a cabo por membros da Brigada de Policía Xudicial da Policía Nacional...