InicioCulturaO PP aposta por un San Froilán máis inclusivo e que apoie...

O PP aposta por un San Froilán máis inclusivo e que apoie o talento local

Olga Louzao critica o intento por politizar as festas e lembrou que o actual tenente de alcalde, Rubén Arroxo, negárase a traer a 'Taburete' porque na banda tocaba o fillo de Bárcenas.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O grupo municipal do PP presentou este martes 16 as súas propostas de cara ás festas do San Froilán 2019. Lograr unhas celebracións máis inclusivas e con máis apoio ao talento local son algunhas das suxerencias.

A concelleira Beatriz Vázquez deu conta das liñas de traballo polas que avoga o PP de cara á preparación do San Froilán. Pide “recuperar o espírito orixinal” destas festas e atender os intereses de todos os grupos de idade á hora de programar actuacións musicais. Ademais, reclaman que se retome a fórmula de rotación entre os grupos municipais para escoller o pregoeiro.

Entre as súas suxestións tamén está a de traballar pola inclusión, de maneira que se respecten as necesidades das persoas con diversidade funcional. Ofrecer un servizo de cadeiras, dar facilidades para os nenos con autismo ou contratar artistas con algún tipo de discapacidade son algunhas das súas ideas.

Por último, apostan por establecer un escenario permanente no que se lle dea acollida a grupos de música locais. Desa maneira darase a coñecer a “potencialidade” e o talento das bandas lucenses emerxentes.

+ posts

ÚLTIMAS

A Ponte de Cruzul, a única neoclásica de Lugo, declarada BIC

O Boletín Oficial do Estado (BOE) publica este xoves o real decreto polo que...

O goberno local de Guitiriz defende que as súas accións se efectuaron “con absoluto respecto á legalidade”

O goberno de Guitiriz defendeu este mércores que todas as súas actuacións "leváronse a...

“Canda Elena”, a canle con entrevistas en Youtube da ‘popular’ Elena Candia

A portavoz do Grupo Municipal do Partido Popular en Lugo, Elena Candia, puxo en...

Mostra ‘O derradeiro trazo de xiz’ Miguel Muñiz no pazo de San Marcos

Esta tarde inagurouse no Pazo de San Marcos a mostra fotográfica e documental “O...