InicioPolíticaBalseiro di que a Feijóo "sóbranlle calidades" para liderar o Partido Popular

Balseiro di que a Feijóo “sóbranlle calidades” para liderar o Partido Popular

O delegado da Xunta en Lugo evitou pronunciarse sobre onde ve o futuro do actual presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, quen podería aspirar a liderar o Partido Popular

PUBLICADA O

- Advertisement -

O delegado da Xunta de Galicia en Lugo, o popular José Manuel Balseiro, destacou este mércores que ao presidente autonómico, Alberto Núñez Feijóo, “sóbranlle calidades” para liderar o PP estatal despois da dimisión de Mariano Rajoy.

O popular lucense fixo estas declaracións o mesmo día en que a oposición no Parlamento de Galicia afeaba o pasado de Feijóo. Amais de criticar a relación do partido coa financiación ilegal probada na trama Gürtel, e a amizade do presidente da Xunta co narco Marcial Dorado, os diferentes grupos presentes no Hórreo instaron a Feijóo a aclarar cal será o seu futuro.

Así as cousas, Balseiro recoñeceu que quen ten que decidir “é o presidente de todos os galegos”. “O que decida el, todo o mundo o vai a respectar. Calidades sóbranlle e, como lle sobran calidades, el é o que ten que decidir”, insistiu.

Na súa intervención, Balseiro aproveitou para “agradecer” o “traballo que fixo o presidente do Goberno de España, Mariano Rajoy”. “Creo que fixo un gran traballo nun momento moi difícil deste país e creo que as palabras que dicía no congreso o último día o reflicten porque é así”, apuntou.

Neste sentido, o popular asegurou que Rajoy “deixa un país moito mellor do que colleu”, o que, na súa opinión, “xa reflicte o bo traballo que fixo”.

Á súa vez, cargou contra o Partido Socialista que accede á Presidencia do Goberno no momento no que ten a menor representación da súa historia. “O xogo da política é así e os españois terán que tomar nota“, resolveu.

 

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo responde ao PP sobre a incorporación dun funcionario de administración local

  A Deputación Provincial de Lugo, ante as declaracións realizadas polo Grupo Provincial do Partido...

Concello de Lugo e CHMS colaborarán para recuperar a contorna da rúa Fermín Rivera

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, e o presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil (CHMS),...

A Deputación de Lugo pide á Xunta reformular o anteproxecto de lei de administración local

O Pleno da Deputación de Lugo aprobou este martes unha proposta de Goberno en...

O PP acusa a BNG e PSOE de “deixar oco” na Deputación para que entrase o fillo do alcalde de Lugo

Os voceiros do Grupo Municipal, Elena Candia, e do Grupo Provincial do PP, Antonio...