InicioDeportesJean Marie Dongou, Alberto Varo e Carlos Calderón foron presentados como xogadores...

Jean Marie Dongou, Alberto Varo e Carlos Calderón foron presentados como xogadores do Club Deportivo Lugo

PUBLICADA O

- Advertisement -

O porteiro Alberto Varo, o extremo Carlos Calderón o e dianteiro Jean Marie Dongou foron presentados como novos futbolistas do Club Deportivo Lugo.

Alberto Varo afirmou que está “moi ledo” por fichar polo Lugo e “moi agradecido a Emilio (Viqueira, director deportivo do Lugo), ao club, aos xogadores” por como lle “trataron ao chegar”. Definiuse como “moi competitivo e pódese demostrar en cada partido ou cada adestramento”. Subliñou a “confianza do club en todo momento”. “Cando me chamaron, non o dubidei”, comentou. “Alegroume bastante saber que aquí me querían, que contaban conmigo”, explicou. Asegurou que Roberto Fernández, porteiro do Lugo até o final da tempada pasada e novo adestrador de porteiros, acolleuno “moi ben”, polo que está “moi agradecido”. “Estivo pendiente en todo momento de mín”, afirmou.

Pola súa banda, o dianteiro Jean Marie Dongou amosouse “agradecido pola confianza” e espera “recuperar” a súa “mellor versión” despois dun “ano pasado duro pola lesión e por todo”. Emilio Viqueira, director deportivo do Lugo, destacou que confía “ciegamente” en Dongou, “é unha aposta importante” e vai facer “un ano moi grande”. Lembrou que a Segunda “cada ano é dura”.

Por último, o extremo diestro Carlos Calderón comentou que lle “gusta máis xogar pola dereita”. “Son un xogador rápido, con desborde e pode aportar un número de goles importante”, definiuse. Afirmou que é “unha oportunidade moi importante” para el. Tamén asegurou que pode adaptarse “a calquera tipo de xogo”.

 

 

ÚLTIMAS

11 candidaturas optan ao XVI Premio Aresa de Desenvolvemento Rural 2025

Rematado o prazo de presentación de candidaturas, a Organización do Premio Aresa de Desenvolvemento...

O TSXG confirma o veto ao parque eólico Medoutraves na Fonsagrada por afectar á Rede Natura

A sección terceira da sala do contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia...

A ARMH homenaxeará a deportados lucenses en campos nazis co proxecto ‘Stolpersteine’

A Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica (ARMH) iniciará a próxima semana as...

O Concello de Lugo reclama á Xunta o financiamento do SAF segundo o “custo real”

O goberno local lucense defenderá no pleno deste mes unha proposición para reclamar á...