InicioPolíticaRajoy dará un paseo por Lugo co candidato do PP no último...

Rajoy dará un paseo por Lugo co candidato do PP no último día de campaña

PUBLICADA O

- Advertisement -

O ex-presidente do Goberno Mariano Rajoy participará este venres no peche de campaña do PP en Lugo para arroupar o candidato á Alcaldía, Ramón Carballo.

O que fóra ata fai menos dun ano presidente do PP estatal estará na mañá da última xornada de campaña acompañando a Carballo nun paseo pola cidade. Será a pegada que o ex-presidente de España deixará na cidade, antes de desprazarse á provincia de Ourense, onde terá varios actos de fin de campaña.

Así, xa pola tarde, Rajoy desprazarase ata Ourense para facer un percorrido pola cidade xunto co rexedor e candidato á reelección, Jesús Vázquez Abad.

Posteriormente estará nos municipios ourensáns de Celanova e Xinzo, onde si participará en mitins de peche de campaña da man das respectivas candidaturas populares e do presidente do PP provincial, Manuel Baltar.

O presidente de honra do PP de Galicia reaparecerá no país despois de que o pasado venres 10 estivese prevista a súa presenza tanto en Lugo como en Ourense para dar o pistoletazo de saída á campaña. No entanto, debido ao falecemento aquel mesmo día do ex-vicepresidente do Goberno Alfredo Pérez Rubalcaba –socialista que foi rival seu nas xerais de 2011–, acabou suspendendo a súa axenda.

+ posts

ÚLTIMAS

Rumores de moción de censura en Lugo: Candia negocia coa exsocialista María Reigosa

A política lucense encara uns días decisivos ante a inminente posibilidade dunha moción de...

Os bombeiros intentan sufocar un incendio en Xermade

Equipos de bombeiros atópanse actualmente traballando na extinción dun lume declarado na parroquia de...

Iria Castro asiste á Feira da Artesanía do Ferro en Riotorto

A deputada Iria Castro asistiu este domingo á Feira da Artesanía do Ferro de...