InicioLugo e contornaLugoAdriana Lastra pide "poñer alcaldes socialistas en todos os concellos" para parar...

Adriana Lastra pide “poñer alcaldes socialistas en todos os concellos” para parar á ultradereita

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, acudiu este xoves a Lugo para, en compañía da vicesecretaria xeral do PSOE, Adriana Lastra, participar no mitin central xunto con Lara Méndez.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A cúpula do PSOE, co secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, o secretario provincial, Álvaro Santos, e a vicesecretaria xeral do PSOE, Adriana Lastra, arrouparon no mitin central de Lugo a Lara Méndez.

Neste marco, Adriana Lastra lembrou que “cun voto, ponse ou se quitan bibliotecas e consultorios médicos” e instou á cidadanía a “rematar a xogada” do 28 de abril pondo “alcaldes socialistas en todos os concellos”.

Durante o mitin, Lastra criticou que a dereita, co PP á fronte, “diga agora que están centrados”, tras “corenta anos viaxando ao centro” e “a pesar da conivencia” con VOX. “Nós, coa ultradereita, nunca“, asegurou, que afirmou que estas orientacións son “o que están a pór en risco os dereitos de todos”.

Pola súa banda, Gonzalo Caballero dixo aos que “queren a Lugo” que “o voto para que avance desta cidade milenaria só ten unhas siglas e un nome?, as do PSOE e o de Lara Méndez. “Coa forza das nosas siglas e da mellor alcaldesa, se nos mobilizamos, o día 26 celebraremos un éxito municipal rotundo“, explicou.

+ posts

ÚLTIMAS

Candia e a tránsfuga Reigosa presentan a moción de censura

A moción de censura que arrebatará o goberno de Lugo ao bipartito de PSOE...

Moción de censura: O goberno local aluda á “indignación popular” contra a moción do PP

A presidenta provincial do PP de Lugo e portavoz municipal na cidade, Elena Candia,...

María Reigosa non se presentará á praza de Litoral que vinculan ao seu apoio á moción de censura

A edil exsocialista do Concello de Lugo María Reigosa asegurou que non se presentará...

A Deputación inviste en Meira máis de 200.000€ para as obras en tres estradas

A Deputación vén de iniciar as obras de mellora do firme en tres estradas...