InicioLugo e contornaLugoEn Marea reclama políticas europeas que protexan a pesca artesanal e os...

En Marea reclama políticas europeas que protexan a pesca artesanal e os traballos do mar

PUBLICADA O

- Advertisement -

A candidata de En Marea ao Parlamento europeo, Lida Senra –que concorre na alianza Compromiso por Europa–, reclamou políticas europeas que protexan a pesca artesanal e de pequena escala, durante unha visita ao mercado municipal da praza de Lugo, xunto ao portavoz de En Marea, Luís Villares.

“Están a facerse normativas para as grandes frotas, que son negativas para esta pesca”, expuxo Senra, quen reivindicou unha política pesqueira europea que protexa a pesca artesanal e o fomento o consumo de produtos procedentes desta actividade pesqueira.

Pola súa banda, o portavoz de En Marea, Luís Villares, referiuse ao papel que estas actividades teñen nunha cidade como A Coruña. “É máis que un sector produtivo, é unha forma de relacionarse a cidade co mar“, expuxo.

Ademais, na visita remarcou o labor realizado por Lida Senra como eurodeputada. “A loita por un corredor atlántico ferroviario que fixese viable o porto exterior foi consecuencia do traballo de Lida Senra”, indicou.

CONDONACIÓN DA DÉBEDA AO PORTO

Por outra banda, na súa visita, instou ao PSOE a dar “explicacións” por que non se condenou a débeda á Autoridade Portuaria da Coruña polas obras de Langosteira. Respecto diso, reclamou para a cidade “un modelo aberto ao mar” cuns terreos portuarios cun “uso común”. “O que nós quixemos facer e o que Marea Atlántica quixo facer desde o punto de vista municipal”, apostilou.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Obras de pavimentación arredor da Intermodal en horario nocturno

O Concello de Lugo informa de que durante as noites do 15, 16 e...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

‘Arredor do Té’, conversas sobre o pobo saharauí chega a Lugo

A Área de Política Social, Maiores, Migración, Muller e Conciliación do Concello de Lugo...