InicioOpiniónDiario de desescalada: as 'memeiradas'

Diario de desescalada: as ‘memeiradas’

En tempos de desesperación colectiva, a maldade acaba por triunfar se manipula e alenta falsas crenzas que poden desembocar en actos violentos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Marco López | Entre a avalancha de memes cos que nos asoballan a través da mensaxaría instantánea do móbil, anda a circular por aí unha imaxe poderosa que xoga coa superstición. O propósito que persegue é claro, xa que establece unha especie de maldición cíclica para a humanidade: «1720, peste negra; 1820, cólera; 1920, gripe española; 2020, coronavirus».

Penso que a verba “memeirada”, a pesar de non constar como entrada válida no dicionario, poderíase aplicar a este tipo de mensaxes inzados de falsidades á mantenta. Pero por máis voltas que lle dou, non se me ocorre como lles habería que chamar ás persoas que argallan estas barbaridades.

Ao longo da Historia houbo varios brotes de peste. No ano 1720, ao que se refire o meme protagonista deste artigo, orixinouse a Gran Peste de Marsella, que só afectou á Provenza. Así a todo, a pandemia máis importante de todas foi a da Peste Negra, que se estendeu por Europa de 1347 a 1350. Este andazo matou un terzo da poboación do vello continente.

Non obstante, nese tempo tamén houbo outro tipo de contaxio alleo á infección. A sociedade foi manipulada e acabouse acusando á comunidade xudía de provocar a doenza a través do envelenamento da auga, polo que milleiros de hebreos foron queimados vivos nas fogueiras. A parroquia católica nin soubo nin quixo entender a importancia da hixiene como prevención. Mentres, o pobo xudeu bañábase unha vez á semana na honra do Shabat.

podes ler o artigo completo de Marco López no Xornal da Mariña. A peza forma parte dun ‘Diario de corentena  —agora ‘Diario de desescalada’— conxunto que se ha ir escribindo dende o Lugo Xornal, o Xornal da Mariña e o Xornal de Lemos.

ÚLTIMAS

Ofertan 100 prazas para labores de panadaría nunha compañía do sector da alimentación de Lugo

Adecco publicou este mércores unha oferta de emprego de 100 prazas para labores de panadaría nunha compañía...

Dous cabalos soltos en pleno centro de Lugo

A Policía Local de Lugo informou de que, o pasado 28 de marzo, localizou na Avenida...

Miguel Fernández elude situarse sobre os candidatos a presidir o PSOE provincial

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, eludiu situarse e explicar a que candidato apoiará no...

Conduce cara o centro de Lugo superando 7 veces a taxa de alcol, co permiso sen vixencia e facendo eses

A Policía Local de Lugo interveu a pasada madrugada a un condutor que superaba sete veces a...