InicioMovementos sociaisA Deputación de Lugo pon en valor o traballo de ASPANAIS atendendo...

A Deputación de Lugo pon en valor o traballo de ASPANAIS atendendo 180 persoas usuarias

PUBLICADA O

- Advertisement -

 

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, e o Deputado de Formación, Ensino e Economía do Coñecemento, Miguel Fernández, visitaron este xoves a sede da Asociación de Pais e Titores de Persoas con Discapacidade Intelectual de Lugo (ASPNAIS), situada no inmoble do antigo Hospital de San José e cedido de forma gratuíta pola institución provincial á entidade. Durante o encontro, mantiveron unha xuntanza coas usuarias e usuarios e co Presidente de ASPNAIS, José Reigosa, para coñecer, de primeira man, o traballo que desenvolven en favor das 180 persoas que atenden en toda a provincia.

Carmela López puxo en valor a traxectoria de ASPNAIS, destacando que “leva máis de medio século traballando para mellorar a calidade de vida das persoas con discapacidade intelectual e das súas familias, converténdose nun referente na provincia polo seu compromiso coa inclusión, a atención e o benestar das persoas usuarias”.

A Presidenta, que tamén asinou no Libro de Honra da entidade, lembrou que a Deputación mantén unha colaboración continuada, tanto mediante a cesión gratuíta do inmoble no que desenvolve a súa actividade como a través dunha achega anual de 5.000 euros para financiar un programa de intervención psicolóxica. “Queremos estar ao carón dunha entidade que presta un servizo esencial e que contribúe cada día a construír unha provincia máis inclusiva e con máis oportunidades para todas as persoas”, sinalou.

Así mesmo, aproveitou o encontro para agradecer finalmente o traballo que realiza todo o equipo da entidade e reafirmou o compromiso da Deputación de Lugo con ASPNAIS “para seguir impulsando proxectos que melloran a autonomía, a inclusión e a calidade de vida das persoas con discapacidade intelectual e das súas familias”.

+ posts

ÚLTIMAS

Candia recibe o Cónsul Xeral de Portugal en Galicia para abordar novas vías de colaboración con Lugo

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, e o concelleiro de Turismo e Museos, recibiu...

O antigo colexio do Sagrado Corazón xa é dos lucenses trala sinatura hoxe da acta de expropiación

O antigo colexio do Sagrado Corazón volve ser desde hoxe dos lucenses. Desde as...

Lugo formaliza a ocupación dos terreos para o novo centro de saúde do Sagrado Corazón

O proxecto para construír o novo centro de saúde do Sagrado Corazón, en Lugo,...

A ‘XLVIII Semana de Cinema de Lugo’ traerá 130 películas e unha programación paralela do 21 ao 26 de setembro

A 'XLVIII Semana de Cinema de Lugo' celebrarase do 21 ao 26 de setembro...