InicioMovementos sociaisFAPACEL denuncia a "desatención" do alumnado con necesidades especiais pola falta de...

FAPACEL denuncia a “desatención” do alumnado con necesidades especiais pola falta de coidadores

A Federación de Asociacións de Nais e Pais de Centros Educativos de Lugo (FAPACEL) fala dunha deficiencia estrutural que obriga ao alumnado a quedar fóra de actividades ou a sufrir situacións de desatención persoal

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Federación de Asociacións de Nais e Pais de Centros Educativos de Lugo (FAPACEL) denunciou publicamente a situación de vulnerabilidade que vive o alumnado con necesidades específicas de apoio ante a falta de substitución do persoal coidador nos centros de ensino. Segundo a federación, a ausencia destes profesionais cando non se incorporan ao seu posto está a deixar a moitos nenos e nenas sen a atención “imprescindible” para a súa xornada lectiva.

Un problema estrutural cun caso recente no CEIP As Mercedes
Dende FAPACEL sinalan que non se trata de feitos puntuais, senón dunha deficiencia estrutural que obriga ao alumnado a quedar fóra de actividades ou a sufrir situacións de desatención persoal. Esta carencia, engaden, traslada unha responsabilidade “impropia” ao profesorado e ás direccións dos centros, que carecen de recursos para suplir estas funcións.

Como exemplo desta realidade, a federación cita o ocorrido este mesmo venres 20 de marzo no CEIP As Mercedes, onde a ausencia do persoal coidador non foi cuberta inicialmente. O problema resolveuse grazas á intervención directa da nai dun dos nenos afectados, que tivo que acudir persoalmente ás oficinas da Administración educativa en Lugo para que se xestionase un substituto.

“Non pode depender da iniciativa individual das familias a garantía dun dereito básico”, lamentan dende a organización.

Demandas á Administración
A federación esixe que se garanta o dereito a unha educación inclusiva e digna en igualdade de condicións. Para elo, instan á Administración competente a tomar medidas como substitución efectiva garantindo a cobertura inmediata do persoal coidador en todos os casos de ausencia.

Claridade nos protocolos establecendo un procedemento público e de obrigado cumprimento que asegure a continuidade do servizo. Por último, medidas preventivas adoptando os cambios necesarios para evitar que estas situacións se repitan no futuro.

A organización conclúe advertindo que a educación inclusiva é unha “obriga da Administración” e volve poñer o foco sobre a precariedade na atención á diversidade no ensino público da provincia de Lugo.

+ posts

ÚLTIMAS

Produtiva reunión entre Xunta e Deputación de Lugo: “Saio con sensación moi positiva”, di a presidenta

A presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, levou un decálogo de reivindicacións á...

Lugo aproba o plan parcial para o desenvolvemento da Cheda, onde construirán 304 novas vivendas

O Goberno local de Lugo deu luz verde este mércores ao plan parcial para...

A Xunta acusa ao PSdeG de utilización política dos usuarios da residencia das Gándaras

A conselleira de Política Social, Fabiola García, defendeu este mércores as obras postas en...

Interior destina 9 millóns de euros para a nova comisaría de Policía Nacional de Lugo

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, anunciou que a nova comisaría da Policía Nacional,...