InicioMovementos sociaisNace a 'Asociación Cuarto Mundo' para combater o despoboamento

Nace a ‘Asociación Cuarto Mundo’ para combater o despoboamento

A Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, participou este venres 17 de marzona súa constitución no Salón de Actos da Deputación de Lugo.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A ‘Asociación Cuarto Mundo’ nace co obxectivo de combinar a loita contra o despoboamento e a axuda ás persoas máis desfavorecidas. García Porto destacou que “Lugo é unha provincia cunha alta dispersión da poboación, e cunha media de idade elevada. Factores ambos que contribúen a acelerar o despoboamento do rural. Un rural que, para frear esta tendencia, precisa servizos públicos, investimento en infraestruturas e novas tecnoloxías”.

Xunto a iso, asegurou a Deputada, “necesitamos todas as ideas, todas as aportacións arredor de como recuperar poboación no rural. Con proxectos de emprego, coa innovación e a diversificación de sectores fundamentais, como o sector primario, ou mesmo apostando por converter os problemas en oportunidades, como, entre outras moitas accións, estamos facendo dende a Deputación de Lugo co despregue dunha rede provincial de centros públicos de atención a maiores en pequenos concellos do rural. Uns centros de atención ós maiores, que dan un servizo moi necesario, que favorecen o arraigo, que crean emprego de calidade, sobre todo entre as mulleres, e que dinamizan a economía local. Polo tanto, estamos axudando a manter a poboación”.

Xunto á Deputada, no acto estiveron presentes José Luis Martín Palacín, presidente da asociación Cuarto Mundo; Julio Abalde Alonso, Reitor da Universidade da Coruña; Roberto García González, secretario xeral de Unións Agrarias; Verónica Marcos Arrojo, presidenta da Federación de Mulleres Rurais de Galicia; Joan Alibés, presidente da Sociedade Galega de Pastos e Forraxes, e secretario de Cuarto Mundo; e Juan Manuel Villoslada, tesoureiro do novo colectivo.

+ posts

ÚLTIMAS

O PPdeG reclama a PSdeG e BNG “asumir responsabilidades” por permitir que Tomé siga de alcalde e deputado

O portavoz parlamentario do PPdeG, Alberto Pazos Couñago, esixiu ao PSdeG e ao BNG...

O PPdeG non asistirá ao acto do 8M na Deputación de Lugo por mor do “branqueamento” de José Tomé

Os deputados do Grupo Provincial Popular de Lugo anunciaron este martes que non asistiran...

A Rede Museística é a institución de referencia no apoio á creación feminina segundo un informe

informe Las Artistas, aquí y ahora elaborado pola Asociación de  Mujeres en las Artes...

Senadores do PP de Lugo reclaman a Sánchez “concretar prazos” para reparacións na N-6

Os senadores do PP de Lugo reprocharon ao Goberno que "non concrete prazos" sobre...