InicioMovementos sociaisA ANPA do CEIP Baamonde non se rende: "Non imos entregar o...

A ANPA do CEIP Baamonde non se rende: “Non imos entregar o cole tan facilmente”

Pais e nais do alumnado encadeáronse ao centro como sinal de protesta contra a intención de clausurar a escola.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A secretaria da ANPA do CEIP de Baamonde, Paula Iglesias, ameaza con “non parar” nas súas protestas ata que consigan que se asegure que o colexio non vai pechar. “As chaves non as imos a entregar”, advirte.

Este mesmo domingo, os pais deste centro encadeábanse ao edificio para expresar o seu rexeitamento a unha medida que vén alentada polo alcalde, José Ulla, quen pretende que as súas instalacións se convirtan nunha escola de música e que os 30 alumnos se matriculen no CEIP Virxe do Corpiño, no mesmo concello de Begonte.

“A idea era encadearse ao colexio simbolizando que non imos entregar o cole tan facilmente. Tamén pola falta de información que temos, porque é a cuarta vez que se lle escribe ao conselleiro (Román Rodríguez) sen obter resposta”, afeou Iglesias.

En canto a próximas accións de protesta, a secretaria da ANPA subliñou que se irán “improvisando”, posto que agora están “coas matriculacións” dos nenos. “Andamos liados co traballo e en matricular aos pequenos, aínda que seguramente nos se matriculen no colexio de Begonte”, avisou, en contra das intencións do alcalde.

Finalmente, sobre accións xudiciais que se poderían emprender, Iglesias confesou que “está complicado”. “Tamén o falamos, pero dixéronnos que coas administracións está fastidiado”, recoñeceu finalmente esta nai do CEIP de Baamonde.

ÚLTIMAS

A Xunta licita a última fase a autovía Nadela-Sarria: as obras estarán en marcha no segundo semestre de 2026

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, avanzou este venres a licitación das obras correspondentes...

PP e BNG votan a favor de reprobar a José Tomé no Concello de Lugo ante acusacións de utilización das vítimas de agresións machistas

Os grupos municipais do PP e do BNG en Lugo aprobaron a moción, presentada...

O PP de Lugo denuncia o desvío de fondos para a rúa Fermín Rivera mentres o PSOE defende un novo convenio coa Confederación Hidrográfica

O Partido Popular de Lugo avanzou este luns a posta en marcha dunha campaña...

A Policía de Lugo detecta cinco condutores ebrios e auxilia a un bebé pechado nunha vivenda

Os filtros de seguridade vial realizados pola Policía Local de Lugo permitiron detectar nos...