InicioMovementos sociais"As empregadas do fogar internas quedaron confinadas no lugar de traballo, escravizadas...

“As empregadas do fogar internas quedaron confinadas no lugar de traballo, escravizadas 24 horas”

A pandemia do coronavirus puxo en primeiro plano a importancia dos coidados ao tempo que se intensificou a precariedade de quen desenvolven esas tarefas: as mulleres.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A pandemia e o confinamento non fixeron máis ca agravar a fenda de xénero social e laboral que prexudica as mulleres. Sobre elas recaeron, máis ca nunca, os coidados familiares, un traballo desenvolvido maioritariamente por mulleres e non sempre remunerado. Caso especial é o das empregadas de fogar. A súa situación precaria intensificouse nun momento no que a casa se converteu no centro do mundo mentres elas quedaban ás marxes.

A asociación Bonhomía, con sede central na capital lucense, quixo poñer o foco neste colectivo durante este 8-M. “Moitas empregadas do fogar foron despedidas ao contraer o virus; algunhas foron culpadas de contaxiar as familias para as que traballaban”, lamentan.

Amais das traballadoras por horas, preocupa de maneira rechamante a situación das empregadas internas. Evidéncianse dúas realidades, neste sentido: por un lado, “a daquelas que perderon o emprego e quedaron sen ter onde ir”; polo outro, “a de quen permanecen confinadas no seu lugar de traballo, escravizadas 24 horas ao día polo mesmo salario e baixo ameaza de despedimento se saen do domicilio.

Súmase a isto a complicación de movérense, en moitas ocasións, na economía mergullada na que se sitúan os traballos de coidados. “Hai unha multitude que non ten regularizada a súa situación e que, polo tanto, non pode acceder a ningunha axuda”, explican dende a asociación.. Reducir ou flexibilizar a xornada laboral —moitas veces para seguir coidando (fillos, pais…)— “é algo case utópico para elas”.

Así, Bonhomía decidiu centrar a súa campaña do 8-M no sector doméstico: “as esquecidas“. “En época de Covid, nada cambiou”, conclúen.

+ posts

ÚLTIMAS

A Festa do Queixo de San Simón chega á súa XXX edición

Ao longo da fin de semana haberá moita oferta musical, contando coa animación das...

“Desde o rural e a identidade constrúese provincia”, di a presidenta da Deputación de Lugo

A presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, destacou Pedrafita do Cebreiro como exemplo...

Piden cinco anos de prisión para un home que agrediu cun vaso a dúas persoas no exterior dun pub de Lugo

A Audiencia Provincial de Lugo xulgará o vindeiro martes, día 7, a un home...

A Deputación de Lugo responde ao PP sobre a incorporación dun funcionario de administración local

  A Deputación Provincial de Lugo, ante as declaracións realizadas polo Grupo Provincial do Partido...