InicioLugo e contornaLugoA Federación Veciñal de Lugo pide "endurecer as penas" para os okupas...

A Federación Veciñal de Lugo pide “endurecer as penas” para os okupas con ata dous anos de cárcere

"Ademais os okupas decláranse insolventes e non se fan cargo dos danos da ocupación. Hoxe sae gratis ocupar unha casa", denuncia o presidente da Federación de Asociacións de Veciños de Lugo, Jesús Vázquez.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O presidente da Federación de Asociacións de Veciños de Lugo, que reúne a case 300 asociacións na provincia, Jesús Vázquez, reclamou un “endurecemento das penas para os okupas, con penas de ata dous anos de cárcere.

Vázquez lamenta que na cidade amurallada “leva anos con este problema”. “Un problema que hai anos tiñamos na Milagrosa, e que agora volveu na rúa Yánez Rebolo, que tamén fai máis dun ano tivemos nas Gándaras e agora na Fervedoira”, sinalou.

Ante isto apremou un “endurecemento da lexislación, porque actualmente unha ocupación está considerada unha falta e practicamente non ten consecuencias”. “Ademais os okupas decláranse insolventes e non se fan cargo dos danos da ocupación. Hoxe sae gratis ocupar unha casa”, abundou.

Por iso, a Federación solicitou ese “endurecemento das penas, e que esa falta leve pase a tipificarse como delito de usurpación ou de violación, e que iso leve unha pena de prisión de ata dous anos”. “Non hai máis que ver a lexislación comparada, como ocorre en países como Francia ou Alemaña na actualidade”, matizou.

Ademais, Vázquez reivindicou que “cada vez que se detecte a ocupación dunha vivenda se poida proceder ao desaloxo en 48 horas”. “Se unha persoa demostra fidedignamente que é o propietario da vivenda, nun período de 48 horas liberar ese ben ocupado”, sinalou. Outro aspecto que queren que se corrixa e que se trasladou á Xunta é que se valore “a posibilidade de quitar a Risga ás persoas condenadas por ocupación”.

ÚLTIMAS

Tanxugueiras, Xoel López, Lia Kali ou Guadi Galego, primeiros confirmados do cartel das festas do San Froilán

Tanxugueiras, Xoel López, Lia Kali, El Consorcio e, entre outros, Guadi Galego, únense ao...

Detido un septuaxenario en Vilalba por cravar puntas nas rodas de 19 camións dunha empresa de transporte

A Garda Civil de Lugo detivo a un septuaxenario como presunto autor dun delito continuado de danos por...

Arquivan a última peza da ‘Operación Pulpo’, a causa sobre irregularidades na Deputación de Lugo

A última peza da Operación Pulpo, composta por 62 tomos e que investigaba a...

Detido un condutor sen carné, positivo en alcol e drogas, tras fuxir do 092 circulando de forma temeraria en Lugo

Axentes da Policía Local de Lugo detiveron a un condutor de 52 anos de idade...