InicioMedioambiente e PatrimonioÉ compatible a vida dos lobos coa dos cabalos salvaxes?

É compatible a vida dos lobos coa dos cabalos salvaxes?

O BNG de Muras pide axudas contra os ataques dos lobos logo do recoñecemento da Feira do Poldro como Festa de Interese Turística Galega.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Facía tempo que o recoñecemento dunha festa en Lugo como de Interese Turística daba tanto que falar. O pasado xoves, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, anunciaba a declaración da Feira do Poldro de Muras, como Festa de interese Turística Galega.

O rexedor da localidade, o nacionalista Manuel Requeijo, aproveitou este recoñecemento para lanzar unha seria advertencia á Xunta polos últimos ataques de lobo á poboación de poldros. Foi no marco dunha conferencia de prensa co delegado da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, na que o alcalde criticou o abandono da Consellería do Medio Rural ante a problemática dos ataques de lobo na comarca.

“Agradecemos moitos esta distinción pola que levamos traballando arreo, pero as feiras necesitan animais e no noso caso a situación actual cos ataques da fauna salvaxe poñen trabas ao seu desenvolvemento porque a Feira da Poldro será imposible se non hai animais para celebrala”, espetou Manuel Requeijo.

O rexedor dixo que mantivo varias reunións coa conselleira pero que non logran ver unha saída á situación actual. Por isto demandou “o apoio do goberno da Xunta de Galicia en relación ao desamparo ao que están sometidas as gandeirías da zona en canto aos numerosos ataques do lobo”. Tamén se referiu á falta de medidas eficaces para loitar contra o despoboamento no rural.

FEIRA DO POLDRO

A Feira do Poldro e do Gando de Muras convoca no mes de setembro a milleiros de veciños e visitantes nun evento que se celebra dende hai máis de 30 anos. Naceu enfocada á exaltación e comercialización do poldro e da súa carne, un produto autóctono, criado en liberdade e cunha alimentación complementaria natural, aínda que tampouco se desatenden outros sectores como o gando vacún. Así, desde o amencer ate o mediodía a actividade principal é a compra venda de gando. Logo, dáse paso a unha tarde máis lúdica na cal se celebran carreiras e espectáculos ecuestres.

ÚLTIMAS

O Concello defende a licitación da xestión do Vello Cárcere e acusa ao PP de “mentir e manipular”

O secretario de Estado, Fernando Martínez, mostrou a súa satisfacción polo resultado do proceso...

Lugo impulsa o mantemento da Muralla no 25 aniversario do seu Patrimonio da Humanidade

O Concello de Lugo aprobou na súa xunta de Goberno a licenza que permitirá...

A Garda Civil salva a unha muller desorientada na A-8 en Mondoñedo

A Garda Civil auxiliou a unha persoa que camiñaba desorientada pola noite pola autovía...

Polémica pola licitación do contrato do Vello Cárcere a pesar dos informes de intervención

O Partido Popular de Lugo, con Elena Candia á cabeza, criticou a decisión do...