Home A Ulloa Activo un incendio en Palas de Rei que xa calcinou unhas 20 hectáreas

Activo un incendio en Palas de Rei que xa calcinou unhas 20 hectáreas

0
Activo un incendio en Palas de Rei que xa calcinou unhas 20 hectáreas
Incendio en Palas de Rei / Brigada de Marroxo

O concello lugués de Palas de Rei rexistra un incendio forestal activo que polo momento calcinou unhas 20 hectáreas de superficie, segundo a información da Consellería de Medio Rural.

O lume declarouse na parroquia de Pambre sobre as 19,18 horas e para controlar as chamas foron mobilizados catro axentes, 10 brigadas, catro motobombas e cinco helicópteros.

Tras varias xornadas de altas temperaturas e tempo seco, as previsións apuntan a un empeoramento a partir deste martes, cando o ceo estará parcialmente anubrado e os termómetros, en descenso.

+ posts