InicioMedioambiente e PatrimonioO PSdeG provincial denuncia a falta de coordinación entre Xunta e Candia...

O PSdeG provincial denuncia a falta de coordinación entre Xunta e Candia contra a presenza do xabaril

O PSdeG entende que este feito pon de manifesto que o encontro respondeu máis a unha escenificación política que á vontade real de adoptar medidas eficaces para resolver un problema que afecta diariamente á seguridade da veciñanza.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O PSdeG da provincia de Lugo considera que a reunión convocada este xoves para abordar a presenza de xabarís no casco urbano evidencia a falta de coordinación entre o Concello e a Xunta de Galicia ante un problema que leva meses xerando unha grande preocupación entre a cidadanía.

As e os socialistas lembran que a competencia en materia de fauna silvestre corresponde á Xunta de Galicia e consideran incomprensible que o Goberno galego siga sen asumir a dirección e coordinación das actuacións necesarias para afrontar esta situación.

Ademais, cualifican de sorprendente que unha reunión presentada como técnica se celebrase sen representantes técnicos nin da Xunta nin do Concello, mentres que a Deputación de Lugo estivo representada polo xefe do Servizo de Medio Ambiente e polo xefe da Unidade de Coordinación e Xestión Territorial, que achegaron propostas e solucións desde un punto de vista técnico.

O PSdeG entende que este feito pon de manifesto que o encontro respondeu máis a unha escenificación política que á vontade real de adoptar medidas eficaces para resolver un problema que afecta diariamente á seguridade da veciñanza.

A formación lembra tamén que a Deputación xa está a actuar no ámbito das súas competencias. Así, reforzou este ano o Plan Provincial de Roza cun investimento de 2,4 millóns de euros, incrementando máis dun 75% a prestación do servizo e permitindo realizar por primeira vez unha segunda pasada de desbroces na maior parte da rede viaria provincial, contribuíndo a un mantemento máis continuo da vexetación nas marxes das estradas.

Ao mesmo tempo, a institución provincial mantén a súa disposición a colaborar con asistencia técnica e ambiental, información territorial, coordinación supramunicipal e actuacións sobre as infraestruturas da súa titularidade. “A Deputación cumpre coas súas responsabilidades e seguirá colaborando, pero non pode asumir competencias que a lei atribúe á Xunta de Galicia”, sinalan as e os socialistas.

O PSdeG provincial reclama á Xunta que deixe de eludir as súas responsabilidades, active un protocolo único de actuación e lidere unha resposta inmediata, coordinada e eficaz fronte a un problema que require menos fotografías e máis decisións.

+ posts

ÚLTIMAS

Seguridade e apoio ás familias, prioridades do Goberno local de Lugo

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, destacou este luns a aposta do Goberno municipal...

Muras convida a observar a eclipse total de Sol desde o Alto da Curuxeira

O vicepresidente da Deputación de Lugo Efrén Castro participou este tarde na presentación da...

Controlado o incendio nun restaurante de Lugo, que obrigou a desaloxar varias terrazas

Os bombeiros de Lugo traballan na extinción dun incendio que se orixinou nun restaurante...

Meteogalicia sinala moi “baixa probabilidade” de nubes o día da eclipse

A maioría dos concellos galegos nos que a eclipse solar deste mércores sexa total...