Home A Ulloa Controlado o incendio de Palas de Rei, que afecta a unhas 20 hectáreas

Controlado o incendio de Palas de Rei, que afecta a unhas 20 hectáreas

0
Controlado o incendio de Palas de Rei, que afecta a unhas 20 hectáreas
Labores de extinción dun incendio forestal / Rosa Veiga

A Consellería do Medio Rural deu por controlado o incendio forestal rexistrado este domingo no concello lugués de Palas de Rei, que afecta unha superficie estimada de 20 hectáreas. Segundo informou o departamento autonómico, o lume, que se iniciou na parroquia de Cuíña, quedou controlado ás 14.58 horas deste luns.

Para a súa extinción mobilizáronse, ata este momento, cinco técnicos, 11 axentes, 23 brigadas, 18 motobombas, unha pa, tres helicópteros e oito avións. A Consellería do Medio Rural lembra que está á disposición da cidadanía o número gratuíto 085, ao que hai que chamar no caso de detectar algún lume forestal. Ademais, tamén está dispoñible para a súa descarga Alume, a aplicación para dar aviso dos incendios forestais activos en Galicia.

+ posts