A Axencia Estatal de Meteoroloxía activou unha alerta amarela por treboadas para este martes, 14 de xullo, na montaña de Lugo. Esta alerta estará vixente entre as 18,00 e as 23,00 horas do martes por treboadas que poden ir acompañadas de sarabia. Tamén se prevén precipitacións acumuladas nunha hora de 15 litros por metro cadrado.
As altas temperaturas porán este martes en aviso a doce comunidades autónomas (CCAA), segundo a predición da Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet). Un total de cinco alcanzarán o nivel laranxa: Aragón, Baleares, Cataluña, Navarra e A Rioxa. Ademais, Asturias e Galicia estarán en aviso por choivas e treboadas.
