InicioMedioambiente e PatrimonioIria Castro asiste á Feira da Artesanía do Ferro en Riotorto

Iria Castro asiste á Feira da Artesanía do Ferro en Riotorto

A Vicepresidencia da Deputacion colabora coa Asociación para a Promoción Social do Ferro de Ríotorto na documentación e divulgación do patrimonio ligado ao ferro

PUBLICADA O

- Advertisement -

A deputada Iria Castro asistiu este domingo á Feira da Artesanía do Ferro de Riotorto,  impulsada pola Asociación para a Promoción Social dos Ferreiros de Riotorto.

A responsable de Cultura participou no acto inaugural, con pregón do actor Luis Besteiro, e visitou o espazo do ferro, con demostracións dos ferreiros riotortenses Agustín Iglesias, José María Cabo,  Óscar Villada e Amando González,  ademais de artesáns do ferro de Compostela, Culleredo,Oscos ou Navarra.

Iria Castro valorou “o traballo realizado pola Asociación para a Promoción Social dos Ferreiros de Riotorto na organización da feira, que demostra o potencial que a tradición do ferro ten como motor para a dinamización económica, social e cultural do concello” e incidiu na necesidade de seguir impulsando “iniciativas que faciliten que o inmenso legado patrimonial dos oficios do ferro xenere actividade e futuro para Riotorto”

Posta en valor o patrimonio vinculado á tradición do ferro

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén unha colaboración estable coa Asociación para a Promoción Social dos Ferreiros de Riotorto, cunha achega nominativa de 14.000 euros para funcionamento e actividades.

Nese marco, a Asociación traballou nos últimos na documentación dos oficios do ferro e da súa repercusión económica, social e cultura, catalogando e rexistrando ferramentas e técnicas propias e afondando na orixe da tradición do ferro en Riotorto nas chamadas “ferrerías de monte”.

+ posts

ÚLTIMAS

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

29N Francisco Conde encabeza a candidatura do PP lucense co obxectivo de traballar “pegados ao territorio”

O Partido Popular de Lugo presentou este venres aos homes e mulleres que integran...

Encontro na Deputación sobre a desinformación e a IA

  O Pazo de San Marcos acolleu este venres un encontro aberto á cidadanía para...

Formación de 1.100 empregados da Deputación e medio cento de concellos

  A Deputación entregou os diplomas aos empregados públicos que participaron nas accións formativas desenvolvidas...