InicioMedioambiente e PatrimonioPlantación de especies autóctonas impulsada pola Deputación no Día da Árbore

Plantación de especies autóctonas impulsada pola Deputación no Día da Árbore

A xornada tivo lugar no Paseo do Rato á altura do Centro de Cestería, propiedade da Deputación, e contou coa presencia de varios centos de veciños e veciñas

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Deputado de Medio Ambiente, Carlos López López, participou este sábado nun acto organizado pola Federación de Veciños de Lugo con motivo da celebración do Día da Árbore. Destacou o responsable provincial o compromiso coa conservación do territorio da Deputación, que impulsou neste caso a plantación de especies autóctonas na reserva da biosfera Terras do Miño. Detallou o Deputado que a institución provincial colaborou na xornada de hoxe facilitando o terreo, achegando unha vintena de acivros e outras 250 especies autóctonas para repartir entre os asistentes.

López felicitou á Federación Veciñal “por organizar un ano máis este acto e polo seu constante compromiso co medio ambiente, un compromiso que compartimos na Deputación porque somos conscientes da importancia de coidade a diversidade e de preservar a nosa riqueza natural”. Puxo en valor as accións que desenvolve a institución provincial “coas que impulsamos políticas de xestión sostible, favorecemos o uso responsable dos nosos recursos naturais e sensibilizamos á veciñanza da provincia sobre a importancia do seu coidado”.

Puxo como exemplo desa estratexia que impulsa a institución provincial o programa de hortos urbanos; as actividades de lecer gratuítas sobre educación ambiental; ou a posta en valor das Reservas da Biosfera.

A xornada tivo lugar no Paseo do Rato á altura do Centro de Cestería, propiedade da Deputación, e contou coa presencia de varios centos de veciños e veciñas. Participaron tamén na cita, coa que colaborou tamén o Concello de Lugo, o Alcalde da capital lucense, Miguel Fernández, a Subdelegada do Goberno en Lugo, Olimpia López Rodríguez; e o Presidente da Federación de Asociacións de Veciños de Lugo, Jesús Vázquez.

+ posts

ÚLTIMAS

Declaración de Praia, reforzo entre mandatarias locais de Galicia, Cabo Verde e Mozambique

O II Encontro Internacional de Mulleres Electas ‘As Elixidas’, celebrado na cidade de Praia,...

Denuncian novo colapso nas Urxencias do HULA

Celadores e celadoras do HULA denuncian un novo colapso nos corredores das Urxencias do...

Aberto o prazo do programa Da Escola á Granxa da Vicepresidencia da Deputación

A área Rural da Vicepresidencia da Deputación de Lugo bota a andar a quinta...

A presidenta da Deputación de Lugo subliña que a igualdade “ten que ser o eixo” que marque calquera decisión

A presidenta da Deputación de Lugo e alcaldesa de Burela, Carmela López, subliñou este...