InicioMedioambiente e PatrimonioADEGA convoca unha charla na Fonsagrada sobre o proxecto eólico Muracais

ADEGA convoca unha charla na Fonsagrada sobre o proxecto eólico Muracais

ADEGA e algúns veciños da Fonsagrada explicarán poñerá a disposición un modelo de alegacións e recollida de sinaturas para procurar paralizalo

PUBLICADA O

- Advertisement -

A delegación de ADEGA en Lugo e veciñanza da Fonsagrada convocan para este sábado, 19 de xullo, unha charla informativa sobre o proxecto eólico Muracais, un novo parque que está agora mesmo en fase de exposición pública tras a súa publicación no BOE o pasado 10 de xuño de 2025, e que se situaría nos concellos de Castroverde, Baleira e A Fonsagrada.

Este acto terá lugar no Salón de Actos da Fonsagrada ás 19:30 horas. Alí, ADEGA informará sobre os impactos ambientais e sociais deste proxecto, que ameaza a ZEC Río Eo e o Camiño Primitivo, e poñerá a disposición un modelo de alegacións e recollida de sinaturas para procurar paralizalo. O prazo para presentar estas alegacións remata o vindeiro venres, 1 de agosto.

Tamén se proxectará o documental “Vidas irrenovables”, unha película de 90 minutos de duración, dirixida por Francisco J. Vaquero, “unha reflexión” sobre o colonialismo enerxético que está destruíndo multitude de espazos de alto valor ecolóxico ao longo de todo o Estado.

ADEGA ALERTA AO ICOMOS

O parque eólico Muracais é un novo proxecto que na comarca da Fonsagrada. Constaría dun total de 13 aeroxeradores que atravesarían varios núcleos: A Pobra de Burón, Carracedo, Xestoso de Riba, A Fonsagrada, Xestoso de Baxo, Lidín, Candaído, Queixoiro, Tronceda, Barbeitos, Silvela e Vilarmeán. Ademais, a súa liña de alta tensión pasaría polo Piñeiral, Vilardongo, Pedrafitelas, Pedrouzos, Cerredo, Chaín e Paradavella.

Afecataría o río Rodil (ZEC Río Eo) e Camiño Primitivo. É por iso que a organización ecoloxista ADEGA puxo en coñecemento do ICOMOS (Consello Internacional de Monumentos e Sitios) a ameaza que supón este proxecto eólico para o ben patrimonial. En concreto, solicita a intervención deste organismo ante o perigo de afectación grave que implicaría a construción do proxecto eólico Muracais, e de todos os demais polígonos eólicos que nunha contorna próxima se atopan en fase de tramitación ou xa autorizados, para o mantemento da paisaxe e os demais valores ambientais do Camiño Primitivo.

ADEGA fai un chamamento a toda a veciñanza afectada a acudir para informarse e alegar ao proxecto.

ÚLTIMAS

Lío no Concello de Lugo por unha factura: Candia acusa a Arroxo de malversación

A portavoz do grupo municipal do PP en Lugo, Elena Candia, denunciou o que...

Alerta amarela na provincia de Lugo polo temporal con ventos de 100 km/h

O AEMET mantén o aviso laranxa para o litoral das provincias da Coruña e...

Investigan catro veciñas de Vilalba por presunto delito de furto

A Garda Civil investiga a tres veciñas de Vilalba (Lugo), de...

A Deputación e empresarios da provincia abordan alianzas entre Galicia e Uruguay

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, e empresarios abordaron alianzas estratéxicas entre...