InicioMedioambiente e PatrimonioO BNG pedirá en Europa "unha análise en profundidade" dos "efectos negativos"...

O BNG pedirá en Europa “unha análise en profundidade” dos “efectos negativos” da planta de biogás de Coeses

Rubén Arroxo confirmou o apoio do BNG á mobilización prevista para o próximo 27 de setembro que percorrerá o centro de Lugo.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, anunciou que rexistrará iniciativas no Parlamento Europeo para reclamar unha “análise en profundidade” dos “efectos negativos” sobre o medio, os recursos hídricos e dos veciños o proxecto para a instalación dunha planta de biogás en Coeses. Así o detallou este venres Ana Miranda que visitou a cidade de Lugo onde anunciou que as iniciativas destacarán a “falta de garantías ambientais” do proxecto e “reclamarán rexeitar” a solicitude de fondos europeos, en caso de solicitalos.

“Desde que se publicou o proxecto e comezou o período de alegacións, os veciños de Coeses e o resto de núcleos máis próximos están a mobilizarse pola grave afectación que a posible construción da planta terá nos seus fogares”, afirmou Miranda, que estivo acompañado polo portavoz do BNG en Lugo, Rubén Arroxo, e pola deputada no Parlamento de Galicia Montserrat Valcárcel. A formación nacionalista, lembrou nun comunicado, xa rexistrou varias iniciativas no Congreso e na Cámara galega despois de que a Xunta “declarase este proxecto como iniciativa empresarial prioritaria”. Pola súa banda, Arroxo confirmou o apoio do BNG á mobilización prevista para o próximo 27 de setembro que percorrerá o centro de Lugo.

+ posts

ÚLTIMAS

A residencia das Gándaras, en Lugo, supera os 9 millóns de investimento: máis habitacións individuais e melloras na seguridade

O Goberno galego deu luz verde este luns ao expediente de gasto da modificación...

Dous anos de prisión e multa de 2.195 euros por tentar introducir cocaína e haxix no cárcere de Bonxe

Unha moza acusada de tratar de introducir cocaína e haxix no centro penitenciario de...

Detidas dúas persoas en Lugo por cometer furtos en establecementos comerciais

Axentes da Policía Nacional de Lugo detiveron a un home e a unha muller...

OPINIÓN: Os que quedaron: memoria, ausencia e emigración no Día de Defuntos

Cada comezo de novembro, os cemiterios galegos énchense de flores, de visitas e de...