InicioMedioambiente e PatrimonioO Camiño Francés recollerá firmas entre os peregrinos para frear o proxecto...

O Camiño Francés recollerá firmas entre os peregrinos para frear o proxecto de Altri

Dende a Fraternidade Internacional do Camiño de Santiago (FICS) lembran que o proxecto expón a instalación dunha planta industrial "que producirá anualmente 200.000 toneladas de lyocell, un tecido téxtil, e 400.000 toneladas de celulosa, nunha localización a apenas dous quilómetros do emblemático Camiño de Santiago".

PUBLICADA O

- Advertisement -

Camiño Francés, liderado pola Fraternidade Internacional do Camiño de Santiago (FICS), anunciou o lanzamento dunha campaña internacional de firmas co obxectivo de “frear” o proxecto de Altri de Palas de Rei. Segundo recollen nun comunicado, varias asociacións do Camiño de Santiago, incluído Camiño Francés Federación e FICS, que xa presentaron as súas alegacións ao proxecto, agora “unen forzas” asinando un manifesto conxunto co que comezarán a solicitar apoios de peregrinos de todo o mundo a partir desta semana.

Lembran que o proxecto expón a instalación dunha planta industrial “que producirá anualmente 200.000 toneladas de lyocell, un tecido téxtil, e 400.000 toneladas de celulosa, nunha localización a apenas dous quilómetros do emblemático Camiño de Santiago“. No manifesto sinalan que o Camiño “non é unha burbulla con franxas de protección de 30 metros, como marca a normativa”. “Os conceptos modernos de paisaxe e concas visuais sinalados polo Consello de Europa (Convenio Europeo da Paisaxe, Florencia, ratificado polo Estado español o seis de novembro de 2007) son absolutamente ignorados por esta barbarie de proxecto”, afirman.

Afean tamén o “silencio, cando non absoluta complicidade” da Administración Pública e de numerosas institucións creadas “precisamente para velar polo respecto e a integridade dun patrimonio único, legado por miles e miles de seres humanos ao longo da historia“. “É aterrador”, lamentan. Sobre isto, insisten en que o Goberno español é o “responsable absoluto” da súa protección. Conclúen pedindo ás administracións competentes que non “desatendan as máis de 20.000 alegacións presentadas polas canles administrativas e as xa máis de 25.000 firmas recollidas pola preocupación do valor ecolóxico ameazado“.

ÚLTIMAS

Traxedia na A-8 en Guitiriz: dous operarios mortos tras ser atropelados durante unhas obras

Dous operarios faleceron e outros dous resultaron feridos graves por mor dun atropelo rexistrado...

Fendas no Concello de Lugo tras a saída da edil María Reigosa do PSOE: o PP fala de falta de liderado e Besteiro chama...

A portavoz do PP de Lugo, Elena Candia, vinculou o voto da edil que...

Prensentan o VIII Foro de Agroecoloxía que se celebrará en Mondoñedo

O pasado venres a medio día presentouse no Pazo de San Marcos o VIII...

Detido un empresario de transportes en Lugo por explotar a un traballador ao que prometeu papeis e contrato

Axentes da Policía Nacional de Lugo detiveron na cidade a un empresario de transportes...