InicioMedioambiente e PatrimonioO TSXG paraliza un eólico entre Castroverde e Baralla pola caducidade da...

O TSXG paraliza un eólico entre Castroverde e Baralla pola caducidade da declaración ambiental

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Tribunal Superior de Xustiza de Galiza (TSXG) paralizou cautelarmente a executividade do proxecto eólico Serra de Punago, promovido por Acciona Energía SAU, nos concellos de Baralla e Castroverde. O Tribunal admite unha petición de ADEGA ao entender que existen indicios suficientes de que a promotora eólica non acreditou o inicio material das obras do proxecto antes da data de vencimento da Declaración de Impacto Ambiental (DIA), e que, polo tanto, esta podería estar xa caduca. Desde a entidade ecoloxista acóllese con satisfacción o Auto de paralización cautelar por canto outorga validez aos indicios de caducidade da DIA do proxecto Serra do Punago e evita que se podan exercer danos irreparábeis sobre o medio ambiente.

En maio de 2023, ADEGA solicitaba á Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais da Xunta de Galiza a apertura do expediente de caducidade da declaración de impacto ambiental do proxecto eólico Serra do Punago. A entidade ecoloxista constataba daquela que a empresa promotora non tiña iniciado as obras do parque eólico previamente á data de vencimento da DIA, xa prorrogada pola Xunta, e que tampouco contaba coa licenza municipal preceptiva para poder executalas, malia a ser condición sine qua non, segundo o establecido tamén pola lei de avaliación ambiental.

Ademais de non contar “con todas as autorizacións esixibles” pola normativa vixente para poder iniciar as obras do proxecto eólicos Serra do Punago, a promotora incumpriu boa parte do condicionado da DIA previo ao suposto inicio das obras. A empresa non tiña presentado na Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación ambiental o esixido plan de seguimento de avifauna e quirópteros nin o estudo ambiental dos impactos sinérxicos no que incluíse “todas as infraestruturas de evacuación”.

SEN OBRAS REALIZADAS

ADEGA critica que, “nun basto intento de manter a vixencia do permiso ambiental”, Acciona Energía realizou unha representación ficticia do inicio das obras do proxecto eólico Serra do Punago. A empresa pretendeu acreditar diante da Xunta o inicio material das obras do parque eólico a cunha reportaxe fotográfica na que se observaban os traballos dunha pa escavadora na zona de afectación, realizados supostamente o 26 de maio de 2021, o último día da vixencia da DIA. Porén, ADEGA verificou que estes traballos correspondían realmente á eliminación da coberta vexetal onde se pretendía instalar a antena anemométrica, pero nada tiñan a ver co inicio das obras do proxecto eólico. 

ADEGA lembra o proxecto eólico Serra do Oribio (Iribio) como caso paradigmático no que se aplicou o mesmo modus operandi. A empresa promotora, Fergo Galicia Vento S.L., comezara as obras do parque sen a correspondente licenza municipal, e incluso, sen terse aprobado o proxecto definitivo, baixo a total conivencia da Xunta de Galiza. Este proxecto eólico foi declarado ilegal, primeiro polo TSXG, e despois polo Tribunal Supremo, a instancias dos recursos presentados por ADEGA e outras entidades ecoloxistas, mais os danos exercidos sobre o territorio, o espazo natural protexido ZEC Ancares-Courel, xa son irreparábeis. Con todo, nin a Xunta nin a empresa se responsabilizaron  dos danos exercidos sobre o espazo natural, aos que probablemente teñamos que facer fronte finalmente o conxunto da sociedade galega cos nosos impostos. 

ÚLTIMAS

Excarcerado un condutor tras saír da vía co seu vehículo en Begonte

Un condutor tivo que se excarcerado tras saír da vía co seu turismo na LU-541,...

A Deputación de Lugo lanza unha aplicación gratis de emprego para conectar oferta e demanda na provincia

A Deputación de Lugo lanzou unha aplicación de móbil gratuíta co obxectivo de facilitar o contacto...

“Situación moi complicada” na provincia de Lugo por choivas torrenciais, con inundacións en rúas da capital

Meteogalicia --dependente da Consellería de Medio Ambiente-- avisou dunha "situación moi complicada na maior parte da...

Lugo mellora os datos de reciclaxe e aposta por ampliar a compostaxe doméstica

A reciclaxe de envases lixeiros propios do colector amarelo aumentou na cidade de Lugo...