InicioMemoria HistóricaUn estudo da USC detecta unha "falta de diálogo interxeracional" sobre o...

Un estudo da USC detecta unha “falta de diálogo interxeracional” sobre o “traslado forzoso” do antigo Portomarín

A tese defendida pola profesora titular de Didáctica das Ciencias Sociais da USC, Belén Castro, sostén que dificulta aos mozos coñecer a historia do traslado do pobo pola construción da presa de Belesar.

PUBLICADA O

- Advertisement -

tese defendida pola profesora titular de Didáctica das Ciencias Sociais da USC, Belén Castro, que aborda como afrontar a través da educación “a débeda moral de recuperar memorias e reparar vínculos patrimoniais danados“, detectou unha “falta de diálogo interxeracional” que fai que os máis novos non coñezan a historia do traslado do antigo Portomarín pola construción da presa de Belesar.

Segundo informou a USC a través dun comunicado, a defensora da tese ‘Recuperación de memoria en contexto de conflito a través da educación patrimonial: o traslado forzoso de Portomarín’ cre que ten un “forte potencial educativo” e supón un “vínculo crítico e ético entre a escola e o territorio” que o alumnado estude conflitos como eeste.

Belén Castro atribuíu a falta de diálogo interxeracional a unha “ferida emocional que aínda está aberta” pola que as xeracións que viviron o traslado forzoso non lle transmiten ás novas xeracións as súas memorias, de forma que os mozos “non se dan conta da dor das persoas maiores”.

Así, o alumnado dos primeiros cursos da escola primaria de Portomarín que descoñecía a historia do traslado puido coñecela a través da un taller interxeracional no que tres persoas maiores explicaron o ocorrido na época da construción do encoro, permitindo que o alumnado puidese construír un “mapa emocional” e ter datos das ruínas da vila.

REMECON

Doutra banda, a profesora Castro elaborou a estratexia Recuperación de Memoria en contexto de Conflito (Remecon), para abordar este tipo de problemas e que calquera comunidade rural poida “resignificar o seu territorio a partir dun acontecemento traumático” como o de Portomarín e que o profesorado en formación na universidade desenvolver competencias sociais en procesos de aprendizaxe asociados a conflitos patrimoniais.

Ademais, para o caso concreto de Portomarín, propuxo unha interpretación “para que non se perda a historia máis recente da localidade”, posto que se trata de “un caso singular dentro dos traslados forzosos de localidades debido á construción de encoros polo seu carácter xacobeo que “quedou desvirtuado polo traslado”.

ÚLTIMAS

O Family Cash pechado ao detectarse unha praga de ratos continuará pechado por orde xudicial

A maxistrada do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Lugo rexeitou este venres a solicitude...

Reabre o supermercado pechado temporalmente por presenza de ratos

O supermercado Family Cash situado no centro comercial de Abella, en Lugo, clausurado temporalmente...

Seguen hospitalizados 3 dos 6 intoxicados con deterxente nunha pulpería de Lugo durante o San Froilán

Tres das seis persoas que tiveron que ser ingresadas a pasada fin de semana...

Dous detidos por furto de móbiles durante as festas do San Froilán

Investigacións levadas a cabo por membros da Brigada de Policía Xudicial da Policía Nacional...