InicioLugo e contornaCastroverdeDenuncian danos nun castro por obras do Concello de Castroverde

Denuncian danos nun castro por obras do Concello de Castroverde

PUBLICADA O

- Advertisement -

As asociacións ADEGA (Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia) e Mariña Patrimonio presentaron unha denuncia formal perante a Consellería de Cultura pola intervención nunha parcela integrante dun ben patrimonial catalogado, sen contar posiblemente coa preceptiva autorización previa de Patrimonio. Esta intervención foi levada a cabo polo Concello de Castroverde que realizou labores de recheo, posiblemente de forma ilegal, na parcela 27011A15800411 do Castro da Eirexe.

O Castro da Eirexe GA27011073 (San Miguel do Páramo, Castroverde, Lugo) é un ben patrimonial de gran relevancia que está incluído no Catálogo do Patrimonio Cultural de Galicia. A delimitación deste xacemento, xunto coa súa contorna de protección e mais os niveis de protección, están recollidos no Plan Xeral de Ordenación Municipal de Castroverde.

Sobre este castro atópanse a igrexa parroquial de San Miguel do Páramo maila casa reitoral, que foi obxecto dunha polémica por unha “desafortunada consolidación”, segundo Adega e Mariña Patrimonio, realizada por un obradoiro de emprego. No transcurso dos traballos de consolidación, descubriuse unha importante necrópole medieval con máis de vinte tumbas altomedievais.

A parcela con referencia catastral 27011A15800411 está situada dentro da delimitación que o PXOM de Castroverde establece como zona de protección integral de Grao II para este xacemento arqueolóxico. Esta parcela, que antigamente foi a horta do cura, dividíase en dúas partes, unha para hortalizas na parte alta e outra para patacas na parte baixa. Entre ambas partes existía un claro desnivel co terreo irregular e en pendente.

Plano do PXOM de Castroverde co castro protexido

Re

Dende o mes de maio de 2023, membros de ADEGA e Mariña Patrimonio documentaron numerosos amoreamentos de entullos e refugallos na parcela 27011A15800411, procedentes da demolición parcial da casa rectoral. A finais de agosto e comezos de setembro de 2023, estes materiais, xunto cunha importante cantidade de zahorras, foron utilizados para realizar o recheo da parcela co obxectivo de nivelar e unificar as dúas partes da horta do cura.

“É importante sinalar que o Plan Xeral de Ordenación Municipal de Castroverde clasifica estas áreas como Solo Rústico de Protección de Patrimonio con protección integral de Grao II, nas que prohibe expresamente os recheos e movementos de terras. Polo que o Concello de Castroverde estaría incumprindo as súas propias ordenanzas municipais”, indican as entidades nun comunicado.

Por outra banda, a Lei do patrimonio cultural de Galicia establece que arealización de calquera intervención nun ben patrimonial catalogado, como é o caso desta parcela, ten que ter autorización previa da Consellería de Cultura. Por iso din que, no suposto de que a Consellería de Cultura non teña autorizado estas obras de recheo, achaiado e transformación da morfoloxía do Castro da Eirexe, o Concello de Castroverde estaría incurrindo nunha infracción grave, segundo recolle a Lei do patrimonio cultural de Galicia.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

ÚLTIMAS

Rueda ratifica a creación do edificio con 50 aloxamentos compartidos para mozos na rúa Illa Coelleira da cidade de Lugo

Lugo cidade e a provincia centraron este luns a reunión semanal do Executivo autonómico,...

Luz verde ambiental a un parque eólico de Naturgy en Láncara, Baralla, Castroverde e Baleira

O Diario Oficial de Galicia (DOG) informa este luns da declaración de impacto ambiental que...

Dous detidos e varios feridos tras unha pelexa con arma branca nun local de lecer de Lugo

Unha liorta nun local de lecer do barrio histórico de Lugo saldouse con dúas...

Besteiro reclama “máis forza municipalista” no congreso de proclamación de Tomé como secretario do PSOE en Lugo

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, foi proclamado este sábado secretario provincial do PSOE no...