InicioMedioambiente e PatrimonioEscavan na procura dos misterios do enigmático círculo lítico de Adai, en...

Escavan na procura dos misterios do enigmático círculo lítico de Adai, en Lugo

A escavación está dirixida por Pilar Prieto, do CISPAC.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Universidade de Santiago, baixo a dirección de Pilar Prieto membro do Grupo EcoPast e do CISPAC, tenta descubrir os segredos do gran círculo lítico prehistórico de Adai, en Lugo. Esta profesional comezou no Castrillón, na parroquia de Adai, en Lugo, a escavación deste enigmático xacemento. Financiada polo grupo EcoPast e o Grupo Síncrisis, colaborando nos traballos arqueolóxicos Tempos Arqueólogos. Este ano escávase como un primeiro paso da investigación na zona arqueolóxica de Adai, grazas á autorización dos seus veciños a través da Comunidade de Montes.

Adai é un espazo patrimonial de primeria orde no rural de Lugo, destacable pola existencia de petroglifos e sobre todo unha cabana alongada prehistórica tipo ‘longhouse’, única en Europa que se atopa escavada en granito, podería ter relación coa roda en proceso de excavación, á súa vez o castro de Penarrubia está a escasos 500 metros deste singular conxunto.

Posible cabana ritual en Adai, Lugo / Patrimonio dos Ancares

O xacemento é un recinto circular ou roda duns 53 metros de diámetro que conserva en superficie un parapeto e un foxo e alcanza unha superficie de 2100 m2. Xa no segundo día foi descuberto o muro do parapeto feito en cachotaría granito e algúns fragmentos de cerámica prehistórica e un par de durmintes de muiño. O obxetivo deste primeiro ano de traballos é identificar as súas fases de construcción, uso e abandono.

Este é o oitavo xacemento desta tipoloxía que se escava en Galicia, trátase dun novo tipo de xacemento que se está a investigar e cuxa interpretación non está completamente definida. Poderían tratarse de recintos cerimoniais, incluso para enterramentos, seguindo costumes ancestrais provintes de Centro Europa, cubrindo esta excavación un baleiro na investigación.

“Pensamos que será un xacemento de longa perduración seguindo a liña dos xa datados como a A Roda de Barreiros, Ventosiños de Coeses, tamén no concello de Lugo ou Os Castrullos en Parada de Sil”, apuntan desde a USC. De feito, coñecer mellor este xacementos implica coñecer mellor o mundo funerario das comunidades que viviron en Galicia nun periodo pouco coñecido polo momento que vai desde o 1600 ata o século II a.C, entre a Idade do Bronce e a do Ferro.

O equipo arqueolóxico está convencido de que o Castrillón de Adai “é un fenómeno local que evidencia contactos culturais a longa distancia“.  Con todo, e a pesar de semellanzas formolóxicas con outros círculos líticos ou Henges das illas británicas, as rodas presentan características autóctonas que as fan únicas.

ÚLTIMAS

O Concello defende a seguridade das Festas do San Froilán pero anuncia cambios para futuras edicións

Membros da Corporación municipal, co alcalde á cabeza e acompañados polo deputado Efrén Castro,...

A CEG critica a ecoloxistas e partidos que “rexeitan sistemáticamente” novos proxectos como o de Grupo Lence en Lugo

A Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) lamentou o "rexeitamento sistemático" promovido, ao seu xuízo,...

Cólleno nun control mentres transportaba medicamentos prohibidos de uso sexual

A Garda Civil investiga a un home, de 55 anos e nacionalidade colombiana, como suposto autor...

Extinguido o incendio forestal e de Pantón que calcinou 31 hectáreas

A Consellería do Medio Rural informou de que está estabilizado un incendio forestal rexistrado...