InicioMedioambiente e PatrimonioUn incendio agrícola queima 2,5 hectáreas na parroquia de San Mamede do...

Un incendio agrícola queima 2,5 hectáreas na parroquia de San Mamede do Couto, en Samos

Dáse a casualidade de que a parroquia afectada é a mesma onde o venres un veciño matou a coiteladas a outro e feriu de gravidade á muller deste último, que se atopa na UCI.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un incendio nunha explotación agrícola rexistrado o domingo calcinou 2,5 hectáreas de terreo na parroquia de San Mamede do Couto, no municipio lucense de Samos. Segundo informan fontes da Consellería do Medio Rural, iniciouse sobre as 14.30 horas de mediodía e quedou apagado ao redor das 18.20. Para a extinción mobilizáronse dous axentes, seis brigadas, tres motobombas, dous avións e dous helicópteros.

Dáse a casualidade de que a parroquia afectada é a mesma onde o venres un veciño matou a coiteladas a outro e feriu de gravidade á muller deste último, que se atopa na UCI. O presunto autor ingresou en prisión provisional o domingo, investigado por asasinato e por intento de homicidio.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo aproba o maior orzamento da súa historia: 155,2 millóns de euros para 2027 co voto en contra do PP

A Deputación de Lugo contará en 2027 co maior orzamento da súa historia, cun...

A Fiscalía de Lugo toma cartas no asunto tras as ameazas de bomba en decenas de centros educativos

A Fiscalía Provincial de Lugo abriu de oficio dilixencias de investigación para esclarecer a...

Lugo estrea por fin a súa nova estación intermodal: 49 millóns de investimento e unha reivindicación pendente

Lugo dá un paso importante na modernización das súas infraestruturas de transporte coa entrada...

Feridas dúas persoas nunha colisión entre dous vehículos no Corgo

Os condutores de dous vehículos implicados nunha colisión na estrada N-V, ao seu paso...