InicioMedioambiente e PatrimonioCHMS e USC converterán o Muíño de Olga en espazo de formación,...

CHMS e USC converterán o Muíño de Olga en espazo de formación, transferencia e divulgación rural

PUBLICADA O

- Advertisement -

O reitor da USC, Antonio López, e o presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, José Antonio Quiroga, asinaron este luns un acordo que posibilita a cesión do uso do Muíño de Olga, en Lugo, á institución académica, para poder convertelo en espazo de formación, transferencia e divulgación de proxectos de desenvolvemento rural, enerxías renovables, hidrología, xestión de recursos de río, ecosistemas fluviais e etnografía.

Segundo este acordo, a CHMS executará as obras necesarias para conseguir a adecuada finalidade do edificio, situado a beiras do río Miño, á beira da Acea de Olga; mentres que a USC dotará de contido esta infraestrutura para o seu uso como punto de formación, divulgación científica e de transferencia de coñecemento.

O acordo contén o compromiso de destinar a dita instalación a actividades de divulgación dos equipos docentes e grupos de investigación vinculados sobre todo ao Campus Terra da USC. “Hai que lembrar que as universidades teñen entre as súas funcións a difusión, a valorización e a transferencia do coñecemento ao servizo da cultura, da calidade de vida e do desenvolvemento económico e social, polo que consideramos que esta cesión terá un uso adecuado de difusión da cultura tradicional, da historia e do valioso patrimonio etnográfico co que conta a nosa Comunidade Autónoma”, dixo o presidente da CHMS.

ÚLTIMAS

Falta de pediatras na Fonsagrada, Baleira e Castroverde

A asociación de consumidores Facua en Galicia dirixiuse ao Servizo Galego de Saúde (Sergas) para denunciar a "falta...

Unha talla de madeira provoca graves impactos en mámoas de Lugo

As asociacións ADEGA e Mariña Patrimonio veñen de presentar unha denuncia perante a Dirección...

José Tomé pide precaución xunto ao río Rato tras supervisar os danos da borrasca Olivier

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, xunto ao alcalde de Lugo,...

Rescatan unha muller ferida tras envorcar co seu coche en Guntín

Unha muller resultou ferida e acabou atrapada tras envorcar o seu coche no municipio...