Home Cultura Rede Museística Provincial: dignificar e valorizar o que somos, o que non se contou e dar voz a quen non a tiña…

Rede Museística Provincial: dignificar e valorizar o que somos, o que non se contou e dar voz a quen non a tiña…

0
Rede Museística Provincial: dignificar e valorizar o que somos, o que non se contou e dar voz a quen non a tiña…
Museo de San Paio de Narla / Rede Museística Provincial

A maioría do mundo civilizado leva décadas abandonando o rural, como se o rural fora incivilizado, como se a maioría non viñeramos del, como querendo renegar das nosas raíces. Quizais en Galicia continúen pesando os séculos escuros, a vergoña do propio, o ser menos, fuxamos da terra e a terra queda abandonada e con ela todo o que fomos.

Pazo de Tor / turismo.ribeirasacra.org

A revolución tecnolóxica, principalmente das últimas dúas décadas, está sendo o maior cambio socioeconómico en menor tempo da historia da humanidade e aquí estamos nós; vivindo nun futuro presente que deshumaniza, e alonxándonos do rural ao que xa se mira case coa nostalxia e o respecto do animal que queda en perigo de extinción.

Sen iniciativas como as que promove a Rede, a muller quedaría sen historia, nunca a tivo, salvo algún nome propio e algunha data sinalada. Pero a realidade é que a muller fixo historia cada día no rural galego en silencio.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

+ posts

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here