InicioMedioambiente e PatrimonioRescatan un parrulo salvaxe ferido e unha aguia no paseo do Miño

Rescatan un parrulo salvaxe ferido e unha aguia no paseo do Miño

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Local de Lugo auxiliou este pasado fin de semana a un parrulo salvaxe ferido que sangraba pola zona da cola e a unha aguia que acharon axentes inmóbil no paso do Miño.

Segundo informou a Policía Local, na tarde do pasado 24 de xuño unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio acudiu á rúa Álvaro Cunqueiro onde había un parrulo ferido, que sangraba pola zona da cola. Por iso, axentes sacárono da zona de vexetación e o pato foi trasladado ao hospital veterinario Rof Codina para recibir asistencia, sinalaron as mesmas fontes municipais.

E na tarde do 25 de xuño unha patrulla localizou no paso do Miño, preto do Club de piragüismo, a unha aguia que, puntualizan as mesmas fontes policiais, “estaba completamente inmóbil e non reaccionaba” ante a presenza dos policías. Foi rescatada polos axentes e trasladada ao hospital veterinario Rof Codina.

+ posts

ÚLTIMAS

Alberto Caldeiro di non ser “a persoa indicada” para entrar na corporación de Lugo

O número 12 da candidatura de PSOE de Lugo, Alberto Caldeiro, evitou descartarse este...

O PP de Pol apunta que o goberno local está “esgotado” e denuncia ameazas á voceira ‘popular’

A voceira do PP de Pol, Nicole Grueira, subliña que “o goberno de Lino...

Comezan as obras na estrada provincial que une Castro de Rei con Rábade

A Deputación de Lugo iniciou as obras de mellora da estrada que une Castro...

As cámaras da M-30 amosan aos acusados da morte do médico lucense “coma se fosen coches de Fórmula 1”

As imaxes das cámaras de seguridade da M-30 gravadas a mañá do 25 de...