InicioMedioambiente e PatrimonioDenuncian un grave atentado ecolóxico con maquinaria pesada no corazón dos Ancares

Denuncian un grave atentado ecolóxico con maquinaria pesada no corazón dos Ancares

Arrasan 1.500 metros con maquinaria pesada nunha zona zepa.

PUBLICADA O

O grupo ecoloxista Ancares denuncia un posible atentado ambiental en pleno corazón da reserva dos Ancares, no Concello de Cervantes. Uns feitos que porán en coñecemento da Fiscalía de Medio Ambiente por considerar que podería tratarse dun “atentado ecolóxico con graves consecuencias”.  Os danos causados están entre a zona de Deva e Campa de Brego, un lugar a case 1.500 metros de altitude ben coñecido polos biólogos pola súa importancia ecolóxica.
O grupo denuncia nun comunicado que se utilizou unha escavadora para abrir unha pista nun lugar por onde nunca existira e foron arrincados máis dun quilómetro de capa vexetal nunha zona de especial protección para as aves que tamén é reserva de oso. Así, a maquinaria utilizada nesta zona está prohibida por normativas europeas, que poderían conlevar penas graves contempladas no código penal.
Os ecoloxistas din que xa se puxeron en contacto coa Xunta e outras institucións ás que remitiron fotos do acontecido pero ninguén se fai responsable, a pesar de que a obra, apunta, “semella dalgunha institución”.

ÚLTIMAS

O Concello defende a seguridade das Festas do San Froilán pero anuncia cambios para futuras edicións

Membros da Corporación municipal, co alcalde á cabeza e acompañados polo deputado Efrén Castro,...

A CEG critica a ecoloxistas e partidos que “rexeitan sistemáticamente” novos proxectos como o de Grupo Lence en Lugo

A Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) lamentou o "rexeitamento sistemático" promovido, ao seu xuízo,...

Cólleno nun control mentres transportaba medicamentos prohibidos de uso sexual

A Garda Civil investiga a un home, de 55 anos e nacionalidade colombiana, como suposto autor...

Extinguido o incendio forestal e de Pantón que calcinou 31 hectáreas

A Consellería do Medio Rural informou de que está estabilizado un incendio forestal rexistrado...